ditoso -sa
ditoso -sa
(< dita)
-
adx
Que ten boa sorte ou fortuna.
Ex: É moi ditoso, conseguiu todo o que quería na vida.
-
adx
Que é feliz.
Ex: Cando lle naceu o fillo sentiuse a persoa máis ditosa do mundo.
-
adx
Que achega felicidade.
Ex: Está pasando unha temporada ditosa coa súa familia.
Sinónimos: feliz. -
adx
Que ocorre de maneira axeitada e no momento preciso.
Ex: A súa aparición foi ditosa porque calmou os ánimos dos demais.