"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritora. Destacou coas súas primeiras entrevistas a personaxes importantes do mundo da política e da cultura, e fíxose popular coas súas reportaxes publicadas en toda a prensa mundial. Da súa produción cómpre salientar I sette peccati di Hollywood (Os sete pecados de Hollywood, 1959), Penelope alla guerra (Penélope na guerra, 1962), Lettera a un bambino mai nato (Carta a un neno que nunca naceu, 1975), Un uomo (Un home, 1979) Insciallah (1990) e La rabbia e l orgoglio (A rabia e o orgullo, 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festas do culto a Dioniso instituídas por Melampos na antiga Grecia. Durante as procesións portaban representacións de falos como en Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ilusión dos sentidos ou da intelixencia.

    2. Técnica cinematográfica que permite representar imaxes mediante trucaxes ópticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. En Madrid asistiu a clases de pintura con Manuel Gutiérrez Navas. Cultivou a paisaxe, o retrato e a pintura floral, especialmente ao óleo, cun carácter imaxinativo. Empregou as tonalidades sombrías e, co paso do tempo, a pincelada empastada. Realizou exposicións en Monforte de Lemos, Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Madrid e participou, en mostras colectivas, como o XXXVII Salón de Otoño de Madrid (1966), na Primeira Bienal Rexional de Arte de Pontevedra (1970) e na Primeira Bienal Nacional de Arte de Pontevedra (1971). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio de pintura da XVI Exposición Provincial de Arte (Lugo, 1957), a mención especial ao conxunto da súa obra na XIX Exposición Provincial de Arte (Lugo, 1960) e a terceira medalla do Salón de Otoño de Madrid (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, escritora e política. Neta do deputado liberal e fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre, asinaba os seus artigos como Victoria Armesto. Graduouse na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid (1949). Foi correspondente en EE UU (1950-1955) e Bonn (1956-1966) de La Voz de Galicia; ademais colaborou con Pueblo e a revista Semana. No eido político exerceu como deputada pola Coruña no Congreso na lexislatura constituínte (1977-1979) por AP, na I lexislatura (1979-1982) por Coalición Democrática (CD) e na II lexislatura polo PP (1982-1986) e polo Grupo Mixto (marzo-abril 1986). Escribiu Dos gallegos, Feijoo y Sarmiento (1964), Galicia feudal (1969), Verbas galegas (1973) e Los liberales coruñeses (1996). Entre outros galardóns, en 1970 recibiu o Pedrón de Ouro concedido polo Patronato Rosalía de Castro e o premio Concepción Arenal polo seu traballo “Concepción Arenal e nós”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Florianus, derivado de Florius e este de Floro, masculino de Flora. Presenta a variante Floriano. San Floriano, mártir no 304 en Lauriacum (actual Lorch, Austria). A súa festividade celébrase o 4 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Florián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (276), irmán do Emperador Tácito. Foi prefecto do pretorio co seu irmán e sucedeuno no trono. Derrotado en Tapso polas tropas de Probo, morreu asasinado polos seus soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Santa Catarina, Brasil, na costa oriental da illa de Santa Catarina, no Atlántico (254.994 h [1991]. Exporta os produtos das súas terras e ten industria azucreira e de conservas. Fundada en 1675 por Francisco Dias Velho co nome de Nossa Senhora do Desterro, converteuse en 1726 en vila. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o edificio da antiga Aduana e as igrexas de São Sebastião, Nossa Senhora da Conceição e Nossa Senhora da Lapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de financiamento que o goberno español emprega para axudar a aquelas rexións menos avanzadas. O diñeiro pertence aos orzamentos do Estado (hai un 35% de investimento público) e aplícase por medio das diferentes comunidades autónomas, excluídas as de maior renda por habitante. Regúlase pola Lei de Financiamento das Comunidades Autónomas (LOFCA) e pola Lei 29/1990 do Fondo de Compensación Interterritorial e a súa configuración estableceuse polo Acordo de Política Fiscal e Financeira (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia latente dos ollos a desviarse do aliñamento perfecto, de xeito que un ollo perde momentaneamente a coordinación co outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de enerxía empregada na industria do frío que equivale á absorción dunha quilocaloría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse no Círculo de Bellas Artes e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (1949-1950) e permaneceu durante dous meses na Academia Española de Roma en 1957. Entre 1959 e 1961 volveu á Escola de San Fernando como alumna libre de pintura mural. Neste eido realizou un mural para a aula magna e un panel cerámico na facultade de Ciencias de Santiago e un mural para o Instituto San Tomé de Vigo. As súas primeiras composicións recibiron a influencia do cubismo pero posteriormente encadrouse na corrente neofigurativa da pintura española e, co paso do tempo volveuse expresionista. Mantivo unha preocupación pola textura da materia e pola luz que a levou ao emprego de veladuras. Realizou bodegóns, paisaxes, que en poucas ocasións foron reais, e retratos imaxinarios nos que mostrou o dominio do debuxo. Entre outras obras cómpre destacar Retrato de miña nai (1969), A vella dama (1969), Retrato de Bertrand Russell (1970) e Retrato de J. L. Aranguren...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Foi bibliotecaria no Instituto Internacional de Madrid e residiu nos EE UU ao obter unha bolsa Fullbright de Literatura Española, impartindo clases en diferentes universidades. De regreso a España, deu clases de español para americanos no Instituto Internacional e en 1972 obtivo a bolsa da Fundación March de Literatura Infantil, feito que lle permitiu dedicarse de cheo á literatura. Organizou a primeira biblioteca Infantil Ambulante para pequenas vilas e centrouse na literatura infantil. Participou na fundación do grupo Versos con Faldas (1947) e na revista Arquero, e colaborou nas revistas Maravillas, Chicas, Postismos, Cerbatana, Rumbos, Poesía Española e El pájaro de paja. Da súa produción destacan La princesa que quería ser pobre (1942), Isla ignorada (1950), Canciones para niños (1952), Prometeo (1952), Aconsejo beber hilo (1954), Todo asusta (1958), Que estás en la tierra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha propiedade ou a un procedemento que permite definir un functor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de ser functorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en Ribadavia durante os días 4 e 5 de maio de 1998 por acordo da Asociación Coordinadora Festa da Istoria. Entre os seus obxectivos destacan a contribución á dinamización cultural e social e á expansión económica do seu contorno; colaborar na mellora e fomento das zonas monumentais, así como na recuperación histórica de monumentos e edificios, e contribuír á promoción turística con actividades que promovan o interese pola comarca. Despois da aprobación dos estatutos polo Concello de Ribadavia o 28 de maio de 1998, estableceuse un padroado como órgano de goberno e representación formado por un mínimo de 10 membros baixo a presidencia do alcalde de Ribadavia. Os vocais distribúense entre os representantes da asociación coordinadora Festa da Istoria, que contan con dous tercios, e ás entidades, asociacións e empresas que se integren na fundación que se reparten o terzo restante. O padroado elixe entre os seus membros o vicepresidente, o secretario e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, no que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. Foi unha idea proposta na década de 1970 polo bioquímico británico J. E. Lovelock e complementada pola bióloga estadounidense L. Margulis. Tamén se coñece como hipótese de Gaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial constituída en xullo de 1950 en Santiago de Compostela coa finalidade de revitalizar a cultura galega a través dos libros. O seu primeiro consello de administración estaba presidido por Ramón Otero Pedrayo, e xunto a el en diferentes cargos Manuel Gómez Román, F. Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Sebastián Martínez-Risco, Antonio Fernández López e Xesús Ferro Couselo. O seu primeiro director literario foi Ramón Piñeiro. A partir do 3 de novembro de 1950 comezaba a desenvolver o seu labor editorial en Vigo. Daquela os seus obxectivos principais eran: promover e coordinar os esforzos dos escritores para difundir a súa obra e seleccionar un plan de edicións adecuado á realidade literaria de Galicia. Deste xeito, tentábase crear unha biblioteca que abranguese unha multiplicidade de temas relacionados co país, como a natureza, a economía, a historia e, sobre todo, a literatura. Ademais, procurábase potenciar o número de traducións ao galego e promover unha serie de publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida na Coruña que agrupa dous selos comerciais, Galinova e Fontel Edicións. O primeiro deles está especializado en libros de texto para Educación Primaria, Infantil, ESO e ciclos de Formación Profesional. Ademais, conta con manuais para a aprendizaxe de música en colexios e conservatorios, editados en galego e castelán. Coa marca de Fontel Edicións, ademais de libros de texto, publícanse métodos de lingua galega para adultos, a sección “Biblioteca Didáctica”, na que se inclúen textos dramáticos, e diversos manuais de consulta e libros de música popular.

    VER O DETALLE DO TERMO