"RAG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea de porte arbóreo do xénero Dracaena, da familia das liliáceas, ao que pertencen unhas 80 especies de distribución subtropical e tropical, presentes en selvas e sabanas das rexións holártica, paleotropical, neotropical e australiana. Na rexión macaronesia -Canarias, Madeira e Cabo Verde- está presente a especie endémica D. drago, de ata 18 m de altura; toro fortemente engrosado, sen ramificar ou con ramificación dicótoma, con restos de cicatrices, en forma romboidal, que ofrecen un deseño similar á pel dun gran réptil ou dragón; follas lanceoladas e moi agudas que acadan os 90 cm de lonxitude e 3 cm de ancho, verde azuladas, coa base vermella, dispostas en grupos apertados no extremo dos talos; flores trímeras de cor crema, moi aromáticas, dispostas en acios e que non aparecen na planta antes dos 15 anos de idade; froitos esféricos, carnosos, de cor laranxa e de ata 3 cm de diámetro, cunha soa semente. Son árbores de gran lonxevidade, de máis de 1.000 anos, que...
-
PERSOEIRO
Político. Como ministro de Asuntos Exteriores (1902) formulou a “doutrina Drago”, que defendía que a débeda pública dun Estado non xustifica a intervención armada por parte do acredor. Participou na Conferencia de Paz da Haia (1907) e foi membro do tribunal que arbitrou a controversia sobre os dereitos de pesca no Atlántico Norte (1909). Regresou a Arxentina e foi membro do Congreso Nacional (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intérprete de linguas entre os europeos e os pobos do Próximo Oriente, especialmente en misións diplomáticas ou comerciais e nas cortes reais.
-
PERSOEIRO
Historiador e político ucraíno. Profesor da Universidade de Kiev, foi destituído en 1876 pola súa defensa do nacionalismo ucraíno. Estableceuse en Xénova (1876-1889), onde editou Gromada, primeira revista nacional ucraína, de tendencia socialista. En 1889 concedéronlle unha cátedra na Universidade de Sofia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Monstro fabuloso, de gran fereza e voracidade, que se representa con ás, gadoupas grandes, cola de réptil e alento de lume. Os gregos denominaban δράκων e os latinos draco a toda serpe de gran tamaño, pero o dragón das lendas medievais non se reduce a unha serpe, senón que toma elementos da constitución de diferentes animais agresivos e perigosos destinados a causar a morte: fauces de crocodilo, cola de crocodilo ou pitón, e garras de aguia ou de león. Estes animais escollidos para conformar a cosmogonía do dragón pertencen aos tres medios naturais: (ós terrestres) a serpe e o león; (ós acuáticos), a serpe de mar ou o crocodilo; (ós voadores) a aguia e o morcego. Desta forma o dragón vén ser un animal artificialmente aéreo, acuático e terrestre, no que se concentran as armas naturais máis mortíferas; é, xa que logo, o animal maléfico por excelencia. Os tres medios naturais correspóndense con tres dos catro elementos dos que falaba a filosofía antiga:...
-
-
Animal representado de perfil con cabeza de serpe, corpo de crocodilo, patas de aguia ou de réptil, ás de morcego, lingua acabada en punta de dardo, rabo retorcido en volutas e coa punta alzada.
-
dragón monstruoso
Figura de dragón con cabeza humana barbada de serpes.
-
-
Soldado de cabalería que levaba sabre e carabina e que realizaba o servicio igualmente a pé ou a cabalo. O corpo dos dragóns creouno en Francia o mariscal Cossé-Brissac (1554), e introduciuse nos exércitos hispánicos a principios do s XIX. Actualmente, designan os rexementos mecanizados de cabalería.
-
Embarcación de regatas deseñada en 1929 polo enxeñeiro noruegués Johan Anker. Ten case 9 metros de eslora.
-
Mancha ou tea branca e opaca que se forma nos ollos dos cabalos e doutros cuadrúpedes.
-
varano de Komodo.
-
Réptil do xénero Draco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada entre a Osa Maior e a Osa Menor. A estrela principal, α-Draconis, de cuarta magnitude, é unha estrela branca que forma parte dun sistema binario. A estrela γ-Draconis, chamada Etamín, ten importancia histórica polas observacións que Bradley realizou sobre ela, xa que estas foron as que o conduciron ao descubrimento do fenómeno da aberración da luz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde militar instituída polo Emperador Sexismundo I en 1418 para defender a Igrexa contra herexes e, especialmente, contra os husitas. A súa insignia era un dragón invertido, símbolo da herexía vencida. Desapareceu pouco despois da morte dos seus fundadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a cada unha das persecucións feitas, xeralmente, por rexementos de dragóns contra os protestantes franceses baixo o reinado de Luís XIV (1661-1715), trala revogación do Edito de Nantes en 1685.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal co corpo rematado en cola de dragón.
-
ILLAS
Illa situada ao SO de Mallorca, da que está separada por unha canle de 780 metros de anchura. Orixinada á vez que a serra da Tramuntana, presenta unha orientación SO-NL e unha lonxitude de 4 km. A vexetación predominante é a propia da garriga e a flora está composta por máis de 200 especies de plantas entre as que destacan algúns endemismos propios dos cantís. Entre a fauna terrestre destaca a gaivota de Audouin, pardela cinsenta e pardela furabuchos e a maior colonia do falcón leonor. No entorno mariño existen 114 especies de invertebrados e máis de 100 especies de peixes. Ata o primeiro terzo do s XX a foca mediterránea criou nesta illa. Despois de diversas reivindicacións populares adquiriuna en 1988 o Consello Insular de Mallorca para evitar a súa urbanización. A partir de 1995 converteuse nun parque natural xunto cos illotes de Mitjana e Es Pantaleu cunha extensión total de 255 ha.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que se aplica conxuntamente aos países do sueste asiático que, partindo dunha economía tradicional, rexida por estruturas feudais en moitos casos, se incorporaron no último terzo do s XX á industrialización e sobresaíron polas súas elevadísimas taxas de crecemento económico; estas baséanse, fundamentalmente, na competitividade das súas exportacións, debida, en gran parte, a uns custos salariais moi reducidos. Nun primeiro momento denominouse así a República de Corea, Singapur, Taiwán e Hong Kong. Considéranse unha segunda xeración: Tailandia, Malaisia, Indonesia e Filipinas. Como denominación destes países tamén se empregan as expresións tigres asíaticos e samurais asiáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos dragóns.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo arxentino. Estivo vinculado ao teatro independente do seu país, concretamente ao grupo Fray Mocho. En galego representouse Historia do home que se volveu can (polas compañías Auriense, 1974; Alén, 1978; Declamación, 1981; Os Biosbardos, 1982; O Facho, 1984; e a Escola Dramática Galega en 1985). Esta peza breve forma parte dun espectáculo formado por varias obras que o autor considerou o centro da súa dramaturxia: as Historias para ser contadas (1957), traducidas ao galego en 1984 nos Cadernos da Escola Dramática Galega. Outras obras súas son: La peste que viene de Melos (1956), Historias para ser contadas (1957), Historia de mi esquina (1959), El jardín del infierno (1959), Milagro en el mercado viejo (1963), Heroica de Buenos Aires (1966), Un maldito domingo (1967) e Historias de la cárcel (1973). En 1981 participou na creación do Teatro Abierto de Bos Aires, co que puxo en escena...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de embragar.
-
-
Clase de encaixe temporal que permite asegurar o enlace ou a separación de dúas árbores ou dous órganos xiratorios coaxiais, para efectuar ou interromper a transmisión do movemento e do par de forzas do un ao outro. As finalidades do embrague son facilitar a condución do órgano conducido e o funcionamento do dispositivo motor, principalmente asegurando unha arrancada progresiva, cambiar o sentido de rotación e a velocidade do órgano conducido sen alterar os do motor, paralo sen necesidade de parar o motor, aforrar potencia nos períodos que non actúa e desconectalo cando as condicións de funcionamento non son axeitadas. Nos automóbiles, este mecanismo serve para facer que o cegoñal do motor se desencaixe da árbore primaria do cambio de marchas e para encaixar progresivamente estas dúas árbores cada vez que se cambia de marcha. Existen tres clases de embragues: o embrague de dentes, o de fricción e os especiais, como os centrífugos ou os hidráulicos. O embrague de dentes componse...
-
embrague automático
Mecanismo que nos automóbiles permite realizar automaticamente manobras de embrague e desembrague e que pasa a punto morto cando o motor xira ao ralentí.
-
-
Pedal ou panca que desembraga o motor ao accionarse un automóbil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Braga s III - Zaragoza s IV) Mártir cristiá, filla dun nobre lusitano. Segundo a lenda, foi martirizada cruelmente por Daciano en Zaragoza no 304. Na iconografía leva como atributos persoais, un longo cravo na man e outro pequeno espetado na testa; ás veces, unha espada ou garfos de ferro.
-
PERSOEIRO
Mártir cristiá, irmá de san Valentín e san Frutos. Levou unha vida eremítica e sufriu martirio durante a invasión árabe. A súa festividade celébrase canda seu irmán san Valentín, o 14 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Aragón, conde de Alburquerque, fillo de Fernando I de Aragón e de Leonor de Castela. Dirixiu o grupo aragonés no Reino de Castela e fíxose co goberno do reino despois de capturar o Rei Xoán II en Tordesillas (1420). Nese ano casou coa irmá do rei, Catarina de Castela, pero en decembro perdeu o poder e permaneceu en prisión entre 1422 e 1425. En alianza co seu irmán Xoán (futuro Xoán II de Aragón), derrotou o privado Álvaro de Luna (1426). Perdeu as súas propiedades pola súa participación na guerra entre Castela e a Coroa de Aragón e marchou a Italia, onde combateu xunto a Afonso V de Aragón (1435). Á súa volta a Castela asinou, xunto cos seus irmáns, o Acordo de Castronuño (1439), sen embargo, o enfrontamento continuou: derrotaron a Álvaro de Luna (1441) e capturaron o rei. Casou en segundas nupcias con Beatriz Pimentel (1444) e morreu, trala Batalla de Olmedo, na loita contra a coalición do monarca e Álvaro de Luna. Jorge Manrique inmortalizouno nas súas Coplas a la muerte...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tabique formado na boca da cuncha dalgúns gasterópodos, orixinado a partir de secreccións mucosas que se endurecen en contacto co aire. Ten como función illar en certa medida o animal do medio e evitar, por exemplo, a súa desecación.
-
Diafragma ou membrana circular disposta en posición horizontal sobre a boca da cápsula dalgúns brións.
-
Membrana, amodo de tapadeira, que posúen os basidiocarpos novos dalgúns fungos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, caracterizadas por presentar inflorescencias en panícula formada por espiguiñas de 4 a 40 flores, estreitamente imbricadas en dúas ringleiras, con glumas máis curtas ca as flores e glumelas inferiores con 3 nervios. En Galicia están presentes as especies E. bahiensis, E. cilianensis, E. lehmanniana, E. minor, E. pilosa e E. spectabilis.