Dragonera, sa

Dragonera, sa

Illa situada ao SO de Mallorca, da que está separada por unha canle de 780 metros de anchura. Orixinada á vez que a serra da Tramuntana, presenta unha orientación SO-NL e unha lonxitude de 4 km. A vexetación predominante é a propia da garriga e a flora está composta por máis de 200 especies de plantas entre as que destacan algúns endemismos propios dos cantís. Entre a fauna terrestre destaca a gaivota de Audouin, pardela cinsenta e pardela furabuchos e a maior colonia do falcón leonor. No entorno mariño existen 114 especies de invertebrados e máis de 100 especies de peixes. Ata o primeiro terzo do s XX a foca mediterránea criou nesta illa. Despois de diversas reivindicacións populares adquiriuna en 1988 o Consello Insular de Mallorca para evitar a súa urbanización. A partir de 1995 converteuse nun parque natural xunto cos illotes de Mitjana e Es Pantaleu cunha extensión total de 255 ha.