epifragma

epifragma

(< epi- + gr ϕράγμα‘cerco, barreira’)

  1. s m [ZOOL]

    Tabique formado na boca da cuncha dalgúns gasterópodos, orixinado a partir de secreccións mucosas que se endurecen en contacto co aire. Ten como función illar en certa medida o animal do medio e evitar, por exemplo, a súa desecación.

  2. s m [BOT]

    Diafragma ou membrana circular disposta en posición horizontal sobre a boca da cápsula dalgúns brións.

  3. s m [MICOL]

    Membrana, amodo de tapadeira, que posúen os basidiocarpos novos dalgúns fungos.

Palabras veciñas

epífito -ta | epifonema | epífora | epifragma | epífrase | epigastralxia | epigástrico -ca