epifragma
epifragma
(< epi- + gr ϕράγμα‘cerco, barreira’)
-
s
m
[ZOOL]
Tabique formado na boca da cuncha dalgúns gasterópodos, orixinado a partir de secreccións mucosas que se endurecen en contacto co aire. Ten como función illar en certa medida o animal do medio e evitar, por exemplo, a súa desecación.
-
s
m
[BOT]
Diafragma ou membrana circular disposta en posición horizontal sobre a boca da cápsula dalgúns brións.
-
s
m
[MICOL]
Membrana, amodo de tapadeira, que posúen os basidiocarpos novos dalgúns fungos.