epífito -ta

epífito -ta

(< epi- + -fito)

adx [ECOL]

Aplícase ao ser vivo que se desenvolve sobre unha planta. Nos países temperados e fríos, a comunidade epífita componse principalmente por liques, brións e fentos de escaso desenvolvemento, mentres que nos países ecuatoriais e, principalmente nas pluvisilvas, os vexetais epifíticos acadan un desenvolvemento desacostumado, tanto polo gran tamaño que acadan como pola diversidade da súa morfoloxía.

Palabras veciñas

epífise | epifítico -ca | epifitismo | epífito -ta | epifonema | epífora | epifragma