epífise
epífise
(< lat epiphysis < gr ἐπίϕυσις ‘excrecencia’)
-
s
f
[ANAT]
Cada un dos extremos dos ósos longos que, durante a infancia, están unidos coa parte central ou diáfise dos mesmos por unha cartilaxe. Cando o individuo alcanza a madurez e non existe máis crecemento, a epífise únese a diáfise mediante a osificación da cartilaxe para formar parte do mesmo óso.
-
s
f
[ANAT]
Glándula pineal.
-
epífise tibial
[ENTOM]
Expansión en forma de aguillón que teñen algúns insectos nas tibias anteriores.