epifitismo

epifitismo

(< epífito + -ismo)

s m [ECOL]

Relación interespecífica na que o hospedeiro non resulta prexudicado polo epífito, que se limita a utilizalo como soporte. Hai especies epífitas na maioría dos grupos vexetais autótrofos e son frecuentes entre os mofos, os liques ou os fentos. Os epífitos vasculares son propios das selvas pluviais.

Palabras veciñas

epifilo -la | epífise | epifítico -ca | epifitismo | epífito -ta | epifonema | epífora