"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

    1. Que concorda.

    2. Aplícase aos extractos que, pregados ou non, presentan concordancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estar de acordo en algo dúas ou máis persoas.

      2. Ter algo en común dúas cousas ou seres equivalentes.

    1. Ter dúas ou máis palabras concordancia entre elas.

    2. Poñer de acordo a dúas ou máis persoas ou cousas.

    3. Resolver unha cousa ou convir algo diferentes persoas.

    4. Facer que haxa concordancia entre dúas ou máis palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo bilateral entre a Santa Sé e un estado, que ten como finalidade a regulamentación das actividades eclesiásticas que se desenvolven no territorio estatal e a resolución dos conflitos que xurdan eventualmente entre a potestade eclesiástica e a civil. Ten a natureza xurídica de tratado internacional e considérase como fonte do dereito. Na Idade Media recibían o nome de concordato toda clase de convencións entre os bispos e os poderes laicos ou os mosteiros; o novo significado adoptouse no Concilio de Constanza (1414-1418). Poden ser pontificios ou episcopais segundo sexa o papa ou un bispo o asinante do acordo. A súa validez pode ser temporal ou perpetua. Tratan asuntos de carácter económico ou referentes ás actividades propias da Igrexa aínda que, en xeral, os acordos acadados se refiren a cuestións de carácter mixto como o ensino, a lexislación matrimonial ou os delitos que atinxen aos ámbitos civil e eclesiástico. Os concordatos poden asinarse tanto para afianzar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertence a un concordato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra exterior constituída por dúas caras que forman ángulo, edificada diante dun baluarte para cubrirlle as frontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Feixe de fíos, groso e flexible, formado por un conxunto retorcido de dous ou máis cordóns compostos, cada un deles, de tres ou máis fíos tamén torcidos. Os materiais téxtiles que se empregan para a súa elaboración son cánabo, abacá, pita, xute, esparto, algodón, fibra de algodón, nailon e outras fibras sintéticas. As cordas que se empregan a bordo dunha embarcación denomínanse cabos. Na tradición oral recóllense refráns como: “A corda creba sempre polo máis delgado. Alá vai a corda tras do aforcado. Cando vexas a corda, acorda. Corda delgada non fai nó groso. Non sexa tanto o tirar da corda, que se rompa”.

      2. Xogo no que dúas persoas collen cada un dos extremos dunha corda, de lonxitude e grosor variables, que moven de forma que esta describa un arco. A partir dese momento, unha ou varias persoas poden saltar no medio da mesma, levantando os pés no instante no que a corda pase por debaixo. Se participan varias persoas, poden formar unha fileira dende a que, unha a unha ou varias á vez, van saltando a medida que lles toque a quenda correspondente. Se algún dos participantes tropeza ou non salta no momento adecuado, tócalle substituír a quen move a corda. O mesmo exercicio, pero realizado de xeito individual, emprégase na preparación física para fortalecer simultaneamente a musculatura abdominal e a dos membros inferiores.

      3. corda de nós

        Corda provista de nós, cunha distancia regular entre eles, que facilitan a ascensión por ela.

      1. Fío cilíndrico de tripa, nailon ou metal que nos instrumentos de corda produce o son cando vibra.

      2. Conxunto dos instrumentos de corda dunha orquestra.

      3. corda ó aire

        Corda que se fai vibrar en toda a súa lonxitude, sen presionala co dedo.

      4. instrumento de corda

        instrumento de corda.

    1. Fío feito de cánabo, crina, tripa ou outro material que, colocada ben tensa entre os dous extremos da bésta ou do arco, serve para montar a arma.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de alpinistas (normalmente dous e catro como máximo) unidos á mesma corda co fin de avanzar nun terreo difícil. Durante a escalada, mentres o primeiro avanza, os outros aseguran a freada dunha posible caída.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos cordados.

      2. Animal que pertence ao filo dos cordados.

      3. Filo de animais celomados deuteróstomos de simetría bilateral. Presentan como características fundamentais: un só cordón nervioso dorsal e tubular, un eixe dorsal de tecido cartilaxinoso (notocorda) ou óseo (columna vertebral), fisuras branquiais na farinxe e unha cola posnatal. Estas características son constantes nas formas larvarias, pero algunhas poden modificarse ou desaparecer nas formas adultas de certos grupos. A notocorda, estrutura flexible en forma de variña que se estende lonxitudinalmente, orixínase no embrión en posición dorsal sobre o intestino e actúa como órgano principal de sostemento do corpo. O sistema nervioso, dorsal e tubular, aparece pouco tempo despois da gastrulación como unha invaxinación da ectoderme e forma un cordón baleiro por riba da notocorda; no extremo anterior hai unha vesícula cerebral. As fisuras branquiais da farinxe son aberturas que comunican o exterior coa cavidade farínxea, orixínanse por invaxinación da ectoderme e pola evaxinación do endoderma...

    1. Aplícase ás figuras con cordas (instrumentos musicais, béstas, arcos, etc) nas que estas son dun esmalte diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cordaitáceas.

    2. Planta da familia das cordaitáceas.

    3. Familia de plantas da orde das cordaitais que pertence ao xénero Cordaites.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cordaitais.

    2. Planta da orde das cordaitais.

    3. Orde de plantas da clase das coniferópsidas que engloba as familias das cordaitáceas, das poroxiláceas e das eristofitáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas arbóreas da familia das cordaitáceas, que existiron ao final da era primaria. Acadaban os 40 m de altura e eran propias de terreos pantanosos onde formaban grandes bosques. Deixaron numerosos restos fósiles nas concas hulleiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cordaitinas.

    2. Planta da clase das cordaitinas.

    3. Clase de ximnospermas constituída por plantas que existiron durante os períodos Pérmico e Carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cordilleira.

    2. Barra de madeira de certos instrumentos de corda, situada na parte inferior da caixa de resonancia onde van fixadas as cordas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun brazo de prata, coa man estendida, movente do flanco sinistro; segunda partición, en campo de azul, con tres faixas de ouro, sumada a superior de tres cipreses de goles, perfilados do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filólogo. Membro do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou na sección de filoloxía, creada en 1923, e participou nos labores de investigación e difusión de diversos traballos que abranguían os campos da lexicoloxía e da lexicografía, da fonética e da ortografía. Foi coautor, xunto con Filgueira Valverde, Tobío Fernandes e Magariños Ne-greira, do Vocabulario popular galego-castelán (1926), que remata na voz trevo, e publicado inicialmente por entregas. No ámbito da ortografía, participou na unificación das normas ortográficas do galego, aprobadas pola Xunta Xeral en 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordal de Montouto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordal de Neda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordal de Ousá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Membro do colectivo poético Ronseltz, colabora en diversas revistas, como Luzes de Galiza, O Mono da Tinta ou Animal +. Interveu no libro colectivo Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994) e publicou os poemarios Arianrod (1993), Fruto do teixo (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1994) e Afasia (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz ‘corda pequena’.

    VER O DETALLE DO TERMO