corda
(< lat chorda < grχορδή)
-
-
s
f
Feixe de fíos, groso e flexible, formado por un conxunto retorcido de dous ou máis cordóns compostos, cada un deles, de tres ou máis fíos tamén torcidos. Os materiais téxtiles que se empregan para a súa elaboración son cánabo, abacá, pita, xute, esparto, algodón, fibra de algodón, nailon e outras fibras sintéticas. As cordas que se empregan a bordo dunha embarcación denomínanse cabos. Na tradición oral recóllense refráns como: “A corda creba sempre polo máis delgado. Alá vai a corda tras do aforcado. Cando vexas a corda, acorda. Corda delgada non fai nó groso. Non sexa tanto o tirar da corda, que se rompa”.
Ex: Atou o zurrón cunha corda que atopou polo camiño.
Confrontacións: adival, cordel, cordón, piola, soga. -
s
f
[XOGO]
Xogo no que dúas persoas collen cada un dos extremos dunha corda, de lonxitude e grosor variables, que moven de forma que esta describa un arco. A partir dese momento, unha ou varias persoas poden saltar no medio da mesma, levantando os pés no instante no que a corda pase por debaixo. Se participan varias persoas, poden formar unha fileira dende a que, unha a unha ou varias á vez, van saltando a medida que lles toque a quenda correspondente. Se algún dos participantes tropeza ou non salta no momento adecuado, tócalle substituír a quen move a corda. O mesmo exercicio, pero realizado de xeito individual, emprégase na preparación física para fortalecer simultaneamente a musculatura abdominal e a dos membros inferiores.
-
corda de nós
Corda provista de nós, cunha distancia regular entre eles, que facilitan a ascensión por ela.
Ex: Unha das probas de ximnasia consistía en subir pola corda de nós.
-
s
f
-
[MÚS]
-
s
f
Fío cilíndrico de tripa, nailon ou metal que nos instrumentos de corda produce o son cando vibra.
Ex: Rompéuselle a corda da guitarra e tiveron que parar o concerto.
-
s
f
Conxunto dos instrumentos de corda dunha orquestra.
Ex: A corda desafinou durante todo o concerto.
-
corda ó aire
Corda que se fai vibrar en toda a súa lonxitude, sen presionala co dedo.
-
instrumento de corda
instrumento de corda.
-
s
f
-
s
f
[BÉL]
Fío feito de cánabo, crina, tripa ou outro material que, colocada ben tensa entre os dous extremos da bésta ou do arco, serve para montar a arma.
-
s
f
[TECNOL]
-
Parte propulsora do mecanismo dun reloxo constituída por unha tira de aceiro enrolada no tambor que cando se distende provoca o movemento do reloxo. Primitivamente, consistía nunha corda pequena ou cadeneta enrodelada nun rolete que se desenrolaba pola acción dun peso.
Ex: O reloxo que lle regalou era de corda e non de pilas.
-
Resorte que pon en funcionamento algún mecanismo.
Ex: Ten varios xoguetes de corda na casa e sabe como funcionan.
-
-
-
s
f
[ANAT]
Estrutura membranosa alongada e de forma cilíndrica coma os tendóns, os nervios ou os ligamentos.
Ex: Tivo que ir ó médico para que lle amañase as cordas do nocelo.
-
corda do embigo
[ANAT]
cordón umbilical.
-
corda dorsal
[ANAT]
notocorda.
-
corda vocal /
[ANAT/LING]
Cada un dos catro repregamentos, dous a cada banda, da mucosa da larinxe que, dispostos en sentido antero-posterior, teñen a cartilaxe tiroide como inserción anterior e a cartilaxe aritenoide como inserción posterior. As cordas vocais superiores teñen esqueleto membranoso. As cordas vocais inferiores conteñen un fascículo voluminoso do músculo tiroaritenoidal e son parte esencial da glote como órgano de fonación. Nas cordas vocais están os extremos terminais do nervio recorrente, regulador do movemento vibratorio que caracteriza o ton fundamental da voz dos falantes, e que lle imprime a sonoridade básica á corrente aérea que procede dos pulmóns. Os movementos vibratorios da larinxe orixinan mentres se fala, dunha forma simultánea e rápida, uns efectos auditivos como a fonación que produce unha vibración audible ou sonoridade; está presente en todas as vocais e tamén nalgunhas consoantes como o [m], o [b] e o [g]; o ton, modificable ao alterar a frecuencia da vibración das cordas vocais, crea distintas variacións no propio ton e na intensidade; a oclusión glotal maniféstase cando se produce unha relaxación audible na glote, que se dá en moitas linguas e dialectos, tal e como acontece nos dialectos do inglés británico con influencias da fala de Londres; a fricción glotal aparece cando as cordas vocálicas están separadas e o aire se expulsa enerxicamente; e os distintos timbres de voz orixinados con diferentes movementos das cordas vocais producen efectos sonoros como o murmurio.
-
s
f
[ANAT]
-
s
f
[ARQUIT]
Liña recta imaxinaria que une os dous extremos dunha curva ou dun arco.
-
s
f
[MAT]
Segmento da recta que une dous puntos de calquera curva ou superficie curvada.
-
s
f
[MAR]
Peza grosa de madeira que vai de popa a proa por debaixo dos vaos, descansando sobre os puntais, e que serve de reforzo ao barco contra a flexión lonxitudinal. Se a embarcación é metálica fórmase cunha fileira de ferros en ángulo.
-
s
f
[MÚS]
-
Cada unha das catro voces ou rexistros fundamentais: soprano, contralto, tenor e baixo.
Ex: A corda das sopranos desafinou durante o concerto.
-
Extensión que abrangue unha voz.
-
-
s
[PESCA]
-
Aparello de pesca que se tende en zonas rochosas ou en fondos limpos, a unha profundidade de entre 20 e 60 brazas, que se emprega na captura de peixes como o congro ou a dourada. Tamén se utiliza nos ríos para pescar angulas; está composta por unha corda de entre 4 e 6 brazas, das que penduran uns cordeis cuns anzois cebados con miñocas.
-
pl
Aparello de pesca que consta dun cabo de entre catro e seis brazas, con varios cordeis na punta, nos que están os anzois, e que se emprega para pescar anguías en auga doce.
-
-
s
f
Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa o cordel utilizado para encher os palillos de fío.
-
corda frouxa
[ESPECT]
Arame pouco tenso polo que os funámbulos fan os seus exercicios.
Ex: Os trapecistas tiñan un espectáculo no que camiñaban pola corda frouxa sen ningunha medida de seguridade.
Frases feitas
-
Coa corda ao pescozo. Estar alguén nunha situación de perigo ou de dificultade.
-
(Non) ser da mesma corda/da corda de alguén. (Non) ter as mesmas ideas que outra persoa.
-
1 Darlle tensión á corda ou subir os pesos, segundo o caso, para que ao efectuar a distensión ou baixar os pesos pola acción da gravidade se accione o mecanismo do reloxo.
-
2 Accionar un mecanismo de corda dun xoguete ou doutro aparato para poñelo a funcionar.
-
Dar corda.
-
Darlle corda a alguén. Animar a unha persoa nas súas inclinacións, incitalo a proseguir para diante ou axudalo a algo.
-
Tirar da corda. Aforrar.
-
Tirarlle da corda a alguén. Facer falar a alguén.
-
Ver alguén por onde rompe a corda. Comprobar quen ten razón nunha disputa.
Refráns
- Alá vai a corda tras do aforcado.