cordel

cordel

(

  1. s m
    1. Corda de pouco diámetro.

      Ex: Ó acabares de facer o paquete átao cun cordel.

      Sinónimos: piola. Confrontacións: cordón.
    2. Conxunto de fíos de cánabo retortos empregado para atar e coser.

      Ex: As chancletas están cosidas cun cordel.

  2. s m [PESCA]

    Arte de pesca que consta dun fío ou tanza, xeralmente de nailon ou cánabo, cunha chumbada e un ou varios anzois empalmados no extremo. Emprégase para a pesca no mar (polbo, pescada, congro, etc) e no río (troita, zamborca, etc).

    Sinónimos: liña.
  3. literatura de cordel [LIT]

    Fenómeno literario que debe o seu nome ao xeito da súa difusión: catro follas en pregos soltos, sen encadernar, obtidas de dobrar dúas veces un prego, e penduradas dun cordel para a súa consulta e posterior venda en feiras, mercados, rúas ou prazas. Os vendedores do produto eran a miúdo cegos que anunciaban e recitaban o contido dos pregos. De temática variada, preséntase en forma de romances, vilancicos, cancións, narracións, sátiras e mesmo como resumo de obras coñecidas, como lendas, historias de ladróns e bandoleiros ou vidas de santos. De orixe descoñecida, parece que en España e Portugal xa existía na Baixa Idade Media o costume de vender a baixo prezo manuscritos que copiaban obras máis voluminosas en fascículos separados, costume que se consolidou coa aparición da imprenta no s XV. Acadou o seu máximo desenvolvemento a partir da segunda metade do s XVI e impúxose como instrumento difusor entre o pobo. Así mesmo, a partir dese momento é frecuente atopar pregos asinados. Proliferou no Barroco e acadou a súa maior difusión no s XVIII e, sobre todo, no s XIX.