cordón

cordón

(

  1. s m
    1. Corda delgada, feita de fibras ou fíos retortos de algodón, la, liño, seda, coiro ou outro material, xeralmente de forma cilíndrica, empregada frecuentemente como adorno ou para cinguir ou atar certas cousas.

      Ex: Aínda que era moi cativa xa sabía atar os cordóns dos zapatos.

      Confrontacións: amalló, amalloa, cordel.
    2. Corda que levan cinguida á cintura os frades de certas ordes relixiosas.

      Ex: O cordón do frade tiña uns fermosos adornos nos dous extremos.

      Sinónimos: corda.
    3. Corda de ouro ou prata coas puntas rematadas en ferretes ou borlas, que se pendura do ombreiro cruzando o peito a xeito de banda, e que forma parte dalgúns uniformes ou constitúe unha condecoración.

  2. s m

    Conxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso, especialmente forzas militares ou policiais.

    Ex: Un cordón policial impedía cruzar a praza.

    Sinónimos: cadea, cadea.
  3. s m [TECNOL]

    Cable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e, a miúdo, protexidos por unha funda tamén flexible, que se destina especialmente ás instalacións domésticas, á alimentación de aparatos electrodomésticos ou para efectuar determinadas conexións provisionais entre aparatos.

  4. [ANAT]
    1. s m

      Estrutura anatómica cunha morfoloxía semellante a un cordón, que pode ter unha constitución homoxénea ou heteroxénea.

    2. cordón espermático

      Conxunto formado polo conduto deferente, as arterias espermática, funicular e deferencial, as veas testiculares, os vasos linfáticos e os nervios do testículo.

    3. cordón medular

      Cada unha das tres columnas de substancia branca da medula espiñal, delimitadas polos sucos da medula e que transmiten o impulso nervioso tanto en sentido ascendente coma descendente.

    4. cordón umbilical

      Cordón flexible que une o embigo do feto coa placenta da nai e que está constituído basicamente polas dúas arterias umbilicais e pola vea umbilical. Ao final do desenvolvemento do feto mide aproximadamente 60 cm de lonxitude e ten uns 12 mm de diámetro.

      Sinónimos: cadillo.
  5. s m [AGR]

    Tipo de poda que comporta a utilización de armaduras e que consiste en deixar na árbore un ou varios eixes. Segundo as disposicións dos eixes, os cordóns poden ser verticais, inclinados, ondulados ou horizontais.

  6. s m [ARQUIT]

    Moldura decorativa en forma de toro ou bocel, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.

  7. s m [ARTE]

    Nunha peza cerámica, motivo decorativo que imita unha corda.

  8. s m [NUMIS]

    Orla gravada no canto das moedas que fai máis difícil a súa falsificación e que pon en evidencia os retallos ou a falta de metal.

  9. s m pl

    Termo da xerga das palilleiras que designa o punto dun labor de encaixe.

  10. cordón litoral [XEOG]

    Acumulación de areas grosas, coios e lama dispostos paralelamente na liña da costa. Fórmanse pola acción combinada das ondas, das mareas e das correntes mariñas, principalmente nas costas baixas, onde non se poden acumular no fondo mariño os materiais resultantes da erosión da costa ou os procedentes dunha corrente fluvial. O seu crecemento litoral pode chegar a cercar as masas de auga e formar deste xeito lagoas litorais e albufeiras.

  11. cordón sanitario [MED]

    Conxunto de medidas hixiénicas e sanitarias que se aplican nunha rexión determinada para delimitar a extensión dunha epidemia e impedir que se transmita ao exterior.