"RIM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 390.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro mes do calendario revolucionario francés (1792-1805) e que corresponde ao intervalo do 22 de novembro ao 20 de decembro.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista checo. Actuou por Europa como pianista e estableceuse posteriormente nos EE UU. Compuxo operetas (The Vagabond King, 1925) e música para cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e guionista. Desde o final da Guerra Civil traballou na radio (Radio Nacional e Radio Madrid, fundamentalmente); máis adiante colaborou con TVE na preparación de guións para programas moi diferentes. Tamén cultivou diversos campos literarios, como a novela, os contos e o teatro. O seu labor de guionista desenvolveuse principalmente nos anos cincuenta e sesenta, e traballou con Luis Lucas. O seu traballo centrouse en películas de xénero e grande éxito popular no momento como o folclore, o musical, as aventuras, as películas con neno, a comedia, o melodrama ou as obras de ambientación histórica. Igualmente, traballou con moitos dos considerados directores artesáns do cine español (Elorrieta, Setó, Iguino, Lorente, Cahen). O seu traballo, xunto co de Lucas, respondeu a unha estrutura industrial de tipo menor, como era a española da época, pero na que era fundamental a versatilidade e resposta aos códigos consagrados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Estudiou nas universidades de Bengala e Oxford. Afiliada ao Partido do Congreso desde 1938, ao proclamarse a independencia da India converteuse en asesora do seu pai Nehru, nomeado primeiro ministro. Foi ministra de Información no gabinete de Shastri, a quen sucedeu como xefe de goberno en 1966. Foi confirmada no cargo nas eleccións de 1967 e de 1971. En 1975 un tribunal declarouna culpable de corrupción electoral e nas eleccións de 1977 o seu partido foi derrotado. En 1978 encabezou unha das faccións nas que se escindiu o Partido do Congreso e dous anos despois chegou por cuarta vez ao cargo de primeira ministra da India. Foi presidenta do Movemento de Países Non Aliñados en 1983. Reprimiu as aspiracións independentistas da comunidade sikh no Punjab; morreu asasinada por membros sikhs da súa escolta persoal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. Despois de iniciar a súa carreira como autor de xoguetes cómicos e comedias, entre as que destacan Las circunstancias (1867) ou El estómago (1874), comezou unha nova etapa cun corte máis realista e social, con obras nas que denunciaba os vicios e costumes da sociedade burguesa da restauración. Entre estas últimas cómpre destacar Las personas decentes (1890), La huelga de los hijos (1893) ou La eterna cuestión (1895), na que xa agroman temáticas como a liberdade da muller fronte ás imposicións da familia e da sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos números primos que se poden expresar pola fórmula 22n+1.
-
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Profesor das universidades de París, Boloña, Padua e Perugia, foi xeral da orde dos eremitas de santo Agostiño (1357-1358). Seguidor do nominalismo de G. de Ockham, non buscou a conciliación con Platón nin con santo Agostiño. Foi o autor de Comentario ás sentencias de Pier Lombardo (1482).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sensación de noxo que causa algo, especialmente a contemplación, o tacto ou a percepción dun son desagradable.
-
Desgusto que causa algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre xenovesa favorable ao partido güelfo que se estableceu en Mónaco no s XIII. Entre os membros da primeira dinastía monegasca destacaron Rainiero I Grimaldi (1267-1314), señor de Cagnes-sur-Mer, quen despois de servir como mariño á República de Xénova entrou ao servizo de Filipe IV de Francia como almirante de Francia (1303); Carlos I Grimaldi o Grande (1331-1357), primeiro señor de Mónaco, de Roquebrune e Menton; Honorato II Grimaldi (1597-1662), recoñecido pola monarquía hispánica como príncipe de Mónaco (1633) e nomeado polo rei de Francia duque de Valentinois (1642), conde de Carladez e marqués de Baux; e Luís I Grimaldi (1642-1701), príncipe de Mónaco, embaixador de Francia no Vaticano (1689) e conquistador do Franco Condado. A primeira dinastía de príncipes de Mónaco desapareceu coa morte en 1731 de Luísa Hipólita I de Mónaco , polo que o principado pasou a Honorato...
-
PERSOEIRO
Político, marqués e duque de Grimaldi. Ao servizo de España, foi embaixador nas Provincias Unidas e en París, e o encargado de elaborar o terceiro Pacto de Familia (1761), que provocou o enfrontamento directo co Reino Unido. Trala dimisión de R. Wall (1763), foi nomeado secretario de Estado e tralo fracaso da expedición a Alxer viuse obrigado a dimitir (1766). Retirouse a Roma, onde exerceu como embaixador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militante do PCE desde 1936, foi elixido membro do Comité Central en 1954. Exiliado desde a fin da Guerra Civil, volveu a España en 1959 e fíxose cargo da dirección do partido na clandestinidade. Detido en 1962, foi condenado a morte e executado, acción que deu lugar a fortes protestas da comunidade internacional contra o réxime de Franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán, irmán de Wilhem Grimm. Profesor xunto co seu irmán na Universidade de Göttingen, iniciaron a filoloxía moderna alemá e dedicáronse ao estudo de lendas populares. Dentro da filoloxía cómpre facer mención á lei fonética, denominada de Grimm (1882). Esta lei explica as principais correspondencias entre as linguas xermánicas mediante unha mutación producida no período prehistórico do xermánico; as consoantes sonoras aspiradas do indoeuropeo perderon a súa aspiración, as antigas sonoras non aspiradas enxordeceron, mentres que as antigas xordas fricativizaron. Esta lei, complementada posteriormente coa lei de Verner, xustificou o principio de regularidade das leis fonéticas a partir do que se puido desenvolver a fonética histórica e comparada. Da súa produción destaca Deutsche Grammatik (1819-1837) e Deutsche Mythologie (1835). Co seu irmán escribiu os contos Kinder und Hausmärchen (1812-1814), Deutsche Sagen (1816-1818) e Deutsches Wörterbuch (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán, irmán de Jacob Ludwig Carl Grimm. Ademais de filólogo, escribiu títulos como Deutsche Heldensage (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de briófitos, da familia das grimmiáceas, que presentan follas pilíferas, cogomelo curvado e caliptra enteira pequena en forma de capuchón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que dá grima.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, en Lincolnshire, 250 km ao N de Londres (90.200 h [1989]. Situada na beira S do esteiro do Humber, é o principal porto pesqueiro do país, sobre todo de peixe branco. As súas modernas instalacións frigoríficas intensificaron o movemento comercial, con grandes cantidades exportadas de peixe conxelado. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a torre da dársena, o embarcadoiro de Cleethorpes e a igrexa de Saint James.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito armado de carácter internacional que se produciu entre 1914 e 1918. Tivo a súa orixe na situación socioeconómica e política xestada durante o s XIX; un dos factores máis destacables foi o desenvolvemento do principio de autodeterminación, as rivalidades coloniais, o desigual desenvolvemento do capitalismo e a carreira de armamentos. Entre 1904 e 1914 producíronse unha serie de crises, antecedentes do conflito; por un lado a rivalidade franco-alemana, manifesta nos conflitos de Marrocos (1905-1906 e 1911) e, polo outro, a competencia dos gobernos de Viena e de Moscova pola hexemonía dos Balcáns (conflitos de Bosnia-Hercegovina 1901-1911; Guerras Balcánicas 1912-1913). A isto engadiúselle o importante crecemento da economía alemá que facía inaprazable unha nova redistribución do mundo. O asasinato (28.6.1914) en Sarajevo do arquiduque Francisco Fernando, príncipe herdeiro da coroa austríaca, fixo que o goberno austrohúngaro lanzase un ultimato a Serbia (23.7.1914). Rexeitado este...
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro de Minas. Ingresou no Corpo de Enxeñeiros de Minas en 1904 sendo destinado a Ciudad Real, desde onde pasou a Galicia para interesarse polo coñecemento do Paleozoico galego e dirixir os establecementos industriais de Vilaodriz, Viveiro, Vaamonde e Porcia. En 1914 ingresou no Instituto Xeolóxico para completar as súas rectificacións no Mapa Xeolóxico de Lugo, e en 1945 foi nomeado Inspector Xeral do Corpo de Minas. Foi creador e director, ata a data do seu falecemento, do Museo do Instituto Xeolóxico e Mineiro. Polo seu labor profesional e investigador foi recoñecido con diversos cargos e distincións, entre a que destaca o seu nomeamento como membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á corola gamopétala de tubo longo e estreito pero de lóbulos manifestos e despregados.
-
PERSOEIRO
Profesor e lexicógrafo. Catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura Galega en Lugo, publicou, en colaboración con outros autores, varios dicionarios de lingua galega, como Vocabulario Gallego-Castellano (1984), Dicionario Xerais da Lingua Galega (1986), Dicionario Castelán-Galego (1990) e Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000).
VER O DETALLE DO TERMO