Gallardo Rimbau, José

Gallardo Rimbau, José

Xornalista e guionista. Desde o final da Guerra Civil traballou na radio (Radio Nacional e Radio Madrid, fundamentalmente); máis adiante colaborou con TVE na preparación de guións para programas moi diferentes. Tamén cultivou diversos campos literarios, como a novela, os contos e o teatro. O seu labor de guionista desenvolveuse principalmente nos anos cincuenta e sesenta, e traballou con Luis Lucas. O seu traballo centrouse en películas de xénero e grande éxito popular no momento como o folclore, o musical, as aventuras, as películas con neno, a comedia, o melodrama ou as obras de ambientación histórica. Igualmente, traballou con moitos dos considerados directores artesáns do cine español (Elorrieta, Setó, Iguino, Lorente, Cahen). O seu traballo, xunto co de Lucas, respondeu a unha estrutura industrial de tipo menor, como era a española da época, pero na que era fundamental a versatilidade e resposta aos códigos consagrados.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Camariñas

  • Deceso

    Lugar : Madrid