"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
PERSOEIRO
Físico norteamericano de orixe rusa. Traballou no National Bureau of Standards (1920), na Carnegie Institution (1924-1929) e en diferentes universidades norteamericanas (Minnesota, Nova York, Wisconsin, Yale). No 1924 participou no proxecto Manhattan pero máis tarde abandonouno. Interesouse polo estudo do magnetismo terrestre e da ionosfera, e polas resonancias das reaccións nucleares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula que expresa a sección eficaz da captura radiactiva dunha partícula A (por exemplo, un neutrón) por un núcleo B, cando a enerxía E da partícula incidente A é moi próxima a un nivel excitado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dúas accións militares da Guerra dos Trinta Anos, tamén coñecidas como as Batallas de Leipzig. Tiveron lugar preto da localidade de Breitenfeld, en Saxonia (Leipzig), onde as forzas imperiais foron derrotadas. O 17 de septembro de 1631 as tropas de Tilly foron batidas polas de Gustavo Adolfo de Suecia, e o 2 de novembro de 1642 as forzas do xeneral Piccolomini foron vencidas polas do mariscal sueco Torstensson.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antimoniuro de níquel, de fórmula NiSb. Cristaliza no sistema hexagonal, en masas de cor vermella e brillo metálico. Ten dureza 5,5 e peso específico 8,23.
-
CUMIOS
Cumio do macizo do Monte Rosa, límite entre Suíza e Italia. Alcanza unha altitude de 4.160 m. Maynard escalouno por primeira vez en 1813.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario suízo. En lingua alemá escribiu, en colaboración con Johann Jakob Bodmer, Kritische Dichtkunst (Arte poética crítica, 1740), onde condena a crítica poética de Johann Christoph Gottched ao defender a imaxinación e a fantasía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa editora e impresora de música. En 1719 estableceuse en Leipzig da man de Bernhard Christoph Breitkopf (1695-1777) e en 1796 foi adquirida por Gottfried Christoph Härtel (1763-1827), quen fundaría a Allgemeine musikalische Zeitung. Dende 1945 a editorial ten unha sección en Wiesbaden e outra en Leipzig.
-
PERSOEIRO
Pintor holandés, discípulo de Jozef Israëls. Nas súas obras iniciais percíbense influencias de Franz Hals, Rembrandt, Mesdang e Willem Maris. Nun comezo pintou, en estilo realista, animadas composicións de cabalos. Despois dunha viaxe a París no 1884, na que descubriu a pintura de Manet, orientouse cara a un impresionismo moi persoal. Estableceuse no 1886 en Amsterdam, onde se dedicou a amosar escenas da vida portuaria e da súa arquitectura. O interese deste autor pola fotografía testemúñase nas composicións, instantáneas e directas, como Paleisstraat ou Amsterdam, pintadas no 1896. É coñecido, ademais de polas súas visións de Amsterdam, polos seus espidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista alemán. Ministro de interior de Prusia (1918-1919) e especialista en asuntos económicos. De ideoloxía liberal, sostivo posicións favorables ao Tratado de Versailles. Morreu nun campo de concentración nazi.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Caída de auga dende unha altura provocada polo desnivel da canle dun río.
-
freixo.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda e documentada dende 1233. De estilo románico, consta dunha nave. O presbiterio salienta pola súa ornamentación; o seu acceso é a través dun dobre arco de medio punto: o maior está decorado con arquiños e o menor é de sección prismática. Os capiteis, canzorros e impostas tamén están decorados, así como os arcos cegos que percorren os muros laterais. Probablemente esta iconografía foi realizada por un artista de orixe non galega na órbita do mestre Mateo ou dos que traballaron no mosteiro de Carboeiro a finais do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
uceira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino que podería estar relacionado con Bricio ou mesmo proceder de Blasius coma Brais e Bras, se ben tanto a iconografía como as avogacías de san Breixo e san Brais son distintas. O máis probable é que derive do nome latino Verissimus, superlativo de verus ‘certo’, que aplicado á persoa significaría ‘que conta sempre a verdade’; sería un caso máis de adxectivos superlativos convertidos en nomes propios como Máximo ou Felicísimo. Outra variante deste nome é Bréixome. O cambio gráfico do v etimolóxico en b, ten a súa orixe na continua vacilación entre as grafias b/v na antroponimia galega, como adoito se atesta na documentación medieval; así acontece, por exemplo, con Baliño
-
PERSOEIRO
Mártir portugués. O seu culto remóntase ao s IX; tivo diversos mosteiros na Galicia medieval, como o de San Breixo das Donas, en terras da Ulla e Deza, e San Breixo de Arcos de Furcos. O san Breixo de Barro, de moita sona no Salnés, Morrazo e Vigo, é avogoso da reuma; o de Palas de Rei do gando vacún, en especial da produción de leite; o de Foxáns (Touro), malia ser avogoso da reuma da xente, tamén protexe as vacas porque a súa auga é moi milagreira para o ubre. De feito, a forza deste santo disque se transmite pola auga da fonte (vanse lavar na fonte do santo e o pano con que se enxugan déixano nunha silveira para que con el quede a enfermidade), polo aire do libro (os devotos axeónllanse diante do altar e póñenlle o misal aberto pola páxina da última misa dita) e polo contacto co santo (póñenllelo nos ombreiros e na cabeza). Na iconografía represéntase cunha vestimenta antiga en manto rubio e palma de martirio; en Foxáns aparece decapitado cunha espada no pescozo e barbado, e en Barro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Breixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte baixa do forno onde caen ou se botan, a través dun burato, a cinsa e as brasas cando se vai cocer o pan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto dramático escrito por Vicente Risco e publicado en 1928 que constituíu, daquela, unha valiosa contribución ao desenvolvemento dunha literatura dramática galega de calidade e universal. A obra constitúe un drama de carácter tráxico e lendario, apoiado nunha estética inspirada por diversas achegas do teatro simbolista. Malia algunhas chatas na concepción e desenvolvemento da trama, a obra supuxo unha ruptura temática e argumental na literatura dramática da época, ancorada nun realismo costumista, enxebrista e folclórico; presenta os misterios da deformidade física e moral do home e a presenza e consistencia do Mal, un dos temas que máis lle preocuparon a Risco dende a súa iniciación teosófica. Neste texto, marcadamente simbolista, déixase sentir a influencia de Oscar Wilde e Maurice Maeterlinck, así como a pegada do que se coñece como novela gótica, tan querida polos amantes do exótico e do esotérico. O espectáculo teatral baseado nesta obra foi producido polo Centro Dramático...
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira da Siberia oriental, Rusia, que se estende de S a N desde a conca do Amur e chega a 2.640 m de altitude cara ao N.
VER O DETALLE DO TERMO