"Rose" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 187.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Cubriu a Segunda Guerra Mundial para a Associated Press durante as operacións no Pacífico Sur. O 23 de febreiro de 1945, no monte Suribachi, tomou a fotografía que se converteu no icono do conflito, “Raising the Flag on Iwo Jima”, pola que recibiu o Premio Pulitzer (1945). Segundo se soubo despois, a imaxe foi a reconstrución teatralizada dunha escena real que fora captada polo sarxento Louis R. Lowery.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Discípulo de M. Ravel, foi director da Orquestra Nacional de Francia (1944-1947) e da Orquestra Sinfónica de Seattle (1948-1951), e autor de diversas óperas, operetas, ballets e música sinfónica, relixiosa e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Test proxectivo, chamado tamén de frustración, proposto en 1935 na obra Picture Frustration Study polo psicólogo clínico estadounidense Saul Rosenzweig (1907). Consiste nunha historia de debuxos que o suxeito debe completar mediante a atribución de frases ás personaxes que alí aparecen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a cor da rosa.
-
-
Erupción cutánea formada por manchas de cor rosada, localizadas arredor do embigo, brazos, palmas das mans e plantas dos pés; tamén poden estar repartidas por todo o corpo.
-
rubéola.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (12.726 h [2001]). Destaca a gandaría e as industrias alimentarias, do metal, do téxtil e da construción. A base económica tradicional é a actividade pesqueira. O turismo experimentou un forte incremento.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Obxecto ou motivo ornamental que imita ou recorda perfectamente á rosa.
-
-
Motivo ornamental en forma de rosa aberta, formado por un botón con follas e pétalos ao arredor. Emprégase principalmente na decoración de bóvedas, cornixas, casetóns e cúpulas.
-
Rosetón pequeno.
-
-
Alfaia adornada cunha pedra preciosa rodeada doutras máis pequenas.
-
Galón formado por un fío de ouro ou de prata enrolado arredor dun núcleo de seda ou algodón.
-
Perforación circular ornamentada, en forma de rosa, que se tallaba no centro da tapa harmónica do clavecín, do laúde, da guitarra e doutros instrumentos.
-
Disposición das follas dunha planta, cando se atopan moi xuntas e de forma parecida á dunha rosa.
-
-
-
Abertura circular realizada nas paredes das igrexas, especialmente nas fachadas de estilo románico e gótico. Semella que a súa orixe vén do óculo das primitivas igrexas cristiás. Na segunda metade do s XII aumentaron considerablemente de diámetro e durante o s XIII engadíronselle vidreiras.
-
Motivo de ornamentación circular debuxado nun piso ou nun teito.
-
Flor decorativa que se emprega fundamentalmente en capiteis corintios e compostos.
-
-
CIDADES
Cidade de Exipto, situada a 63 km ao NL de Alexandría (47.200 h [estim 1983]). Fundouse en 870 na localización dunha antiga cidade e foi, ata o inicio do s XIX, o porto principal de Exipto. Alí descubriuse a chamada pedra de Rosetta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fragmento dunha pedra de basalto descuberto en Rosetta (Exipto) en 1799 polo oficial francés André Joseph Boussard. Datada en 196 a C, ten tres inscricións, unha en caracteres xeroglíficos, outra en demóticos e a terceira escrita en grego. Relata un decreto emitido polo sínodo de sacerdotes exipcios reunidos en Menfis para celebrar o primeiro aniversario do coroamento de Ptolomeo V. É un dos documentos empregados por Jean-François Champollion para descifrar a escritura xeroglífica. En 1801 foi entregada aos británicos. Consérvase no British Museum.
-
PERSOEIRO
Romanista. Foi catedrático de Lingua Romanesa da Universidade de Bucarest. En 1948 ingresou na Academia e en 1963 pasou a dirixir o Centro de Investigacións Fonéticas e Dialectolóxicas. Autor de diversos estudos dedicados á fonética teórica e á historia do romanés, da súa obra destacan Recherches sur la phonétique du roumain du XVIe siècle (1926), Curs de fonetic ǎ general ǎ (1930) e Istorie a limbii române, De la origini pîną la începutu l secolului al XVII-lea, en seis volumes aparecidos sucesivamente desde 1938 (reeditados conxuntamente en 1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso beneditino. Formouse no seminario de Tui, en San Martiño Pinario e no mosteiro asturiano de San Juan de Corias. Coa desarmorización, marchou a Nápoles, onde foi ordenado sacerdote (1839), e marchou como misioneiro a Australia (1845), onde fundou a abadía de Nova Nursia e foi bispo de Vitoria (1849). Defendeu os aborixes australianos e rexeitou os bispados de Puerto Rico e Lugo. En 1860 trouxo a Galicia as primeiras sementes de eucalipto e acacia. Compuxo diversas pezas para piano e escribiu Memoria storiche dell’Australia, particolarmente della Missione Benedittina di Nuova Norcia (1853).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo ruso. Coñecido como Leon Baks, foi un dos fundadores do grupo Mir Isskusstva que se opoñía ao realismo dos Ambulantes. Incorporouse aos Ballets Rusos de D’agilev e realizou os decorados e figurinos de L’Oiseau de feu e Shéhérezade (1910) e La belle au bois dormant (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Amadeo I en 1873, co marquesado de Santa Ilduara, a Camilo Feijoo de Sotomayor e Cejo, Marquina e Montes . Trae por armas escudo partido: primeiro, as armas dos Feixoo; e segundo as armas dos Sotomayor.
-
-
Infiltración dos tecidos por ferro que procede do exterior ou do catabolismo orgánico.
-
Exceso de ferro no sangue.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Articulación que está constituída por tecido conxuntivo e que carece de movemento, como por exemplo as dos ósos do cranio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Articulación formada por dúas superficies óseas unidas por unha cartilaxe articular máis ou menos desenvolvida, como a que forma o sacro e o cadril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración psíquica ou trastorno subxectivo que se observa nalgunhas vítimas de accidentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infrutescencias ou froito composto, como por exemplo, o ananás e a chirimoia.
-
-
Pneumoconiose que está producida polos pos de cortiza.
-
Alteración suberosa que se produce nos tecidos epidérmicos.
-