Rosenthal, Joe
Rosenthal, Joe
Fotógrafo estadounidense. Cubriu a Segunda Guerra Mundial para a Associated Press durante as operacións no Pacífico Sur. O 23 de febreiro de 1945, no monte Suribachi, tomou a fotografía que se converteu no icono do conflito, “Raising the Flag on Iwo Jima”, pola que recibiu o Premio Pulitzer (1945). Segundo se soubo despois, a imaxe foi a reconstrución teatralizada dunha escena real que fora captada polo sarxento Louis R. Lowery.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Francisco