"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Sulfonamida de potente e rápida acción diurética que actúa mediante o bloqueo do transporte activo de sodio na porción ascendente da asa de Henle e no túbulo proximal dos riles, ao mesmo tempo que aumenta o fluxo plasmático renal e a filtración glomerular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presencia de galactosa no sangue.

    2. Enfermidade hereditaria recesiva que se caracteriza por niveis sanguíneos de galactosa elevados. Débese á deficiencia dun enzima responsable do seu metabolismo, a galactosa-1-fosfato uridilil transferase; esta deficiencia fai que a galactosa non se poida converter en glicosa. Afecta aos nenos acabados de nacer ao iniciarse a alimentación láctica. Provoca atraso mental e no crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido dende Xenebra por Radio Tonic FM. Na súa primeira etapa emitiuno Radio Genève Informations e presentábao Carlos Díaz. Incluíu novas de interese para os emigrantes galegos en Suíza, reportaxes culturais, entrevistas, pezas musicais e notas da asociación cultural Galiza Hoxe, promotora do programa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade mínima formal do plano da expresión que distingue a glosemática, equivalente ao trazo distintivo doutras escolas ou punto terminal da análise do significante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente lingüística inspirada por L. T. Hjelmslev e os seus colaboradores, V. Brøndal e H.J. Ulldall cara a 1931. O modelo glosemático concibe a lingua como un texto infinito a partir da combinación dun inventario finito de elementos formais. Sobre esta base proponse determinar a estrutura de cada lingua a partir das modalidades funcionais das invariantes sen ter en conta factores externos á gramática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á glosemática ou aos glosemas.

    2. Que ou quen é seguidor da glosemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Loitou en Numancia (133 a C) e foi un dos triunviros elixidos para aplicar a lei agraria do seu irmán. Cuestor en Sardeña (126 a C-124 a C), foi elixido tribuno da plebe (123 a C) e formulou diversas reformas que apoiaban a soberanía popular, aprobou unha lei que prohibía a represión violenta dos cidadáns sen xuízo previo e promulgou unha lei frumentaria. Reelixido en 122 a C, presentou as leis das colonias e unha norma pola que pretendía outorgarlles o dereito romano aos itálicos, pero sufriu os ataques da oligarquía. Fracasou na súa reelección en 121 a C e retirouse da política. Suicidouse despois dos enfrontamentos entre a plebe e as tropas do cónsul Lucio Opimio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou no sitio de Cartago xunto a Escipión Emiliano (147 a C) e, posteriormente, foi cuestor no exército romano que sitiaba Numancia. Elixido tribuno da plebe (133 a C), presentou un proxecto de lei agraria para resolver o problema do latifundismo e mellorar as condicións de vida dos cidadáns romanos, para o que contou co apoio da plebe. Aprobada polos comicios, malia a oposición do Senado e da oligarquía, as dificultades económicas impediron a súa aplicación. Para solventalas, presentouse á reelección como tribuno, pero acusado de tentar converterse en ditador, foi asasinado no foro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inseminar.

    2. Método de inseminación en que o esperma é depositado na vaxina da muller ou do animal femia mediante diferentes técnicas e sen acoplamento nin coito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que o esperma chegue ao óvulo de forma natural ou artificial e así poida fecundalo.

    2. sementar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Discípulo de Gérard David, foi autor do Díptico da Virxe das Dores, A misa de san Gregorio e o Tríptico do Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político iraquí. Participou no golpe de estado (1958) que derrocou a monarquía. Acadou a xefatura do goberno, instaurou un réxime nacionalista e neutralista e opúxose ás compañías petroleiras, buscando apoio nos comunistas. Foi apresado e executado despois do golpe de estado de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Reelaborou lendas propulares e escribiu relatos e novelas polémicas contra os nihilistas. A vida do pobo ruso e das relixións foron os temas fundamentais das súas obras, como en Ledi Macbeth Mcenskogo ujzeda (Lady Macbeth do distrito de Mcensk, 1865), sobre a que Šostakovič compuxo a ópera homónima en 1934; e Sobor’ane (Xente de igrexa, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e escritor ucraíno. Despois da Revolución de 1917, dirixiu durante 15 anos colonias destinadas á reeducación de rapaces. Publicou Pedagogičeskaja poema (Poema pedagóxico, 1933-1935), Kniga dlja roditelej (Libro para os pais, 1937) e Flagi na bašnjakh (Bandeiras sobre as torres, 1938), ademais de narracións curtas, ensaios de crítica literaria e diversos artigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación xenérica do Grupo de Liexa ou Grupo , para os tropos, que afectan á semántica, onde se modifica o contido dun termo, pero non substituíndoo por outro, xa que sempre queda algo do sentido inicial, como a comparación ou símil, a metáfora, a metonimia, a sinécdoque, a antonomasia, o políptoton, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding industrial francés fundado en 1863 polos irmáns André e Édouard Michelin. Agrupa máis de 80 empresas distribuídas en diversos países, dedicadas principlamente á fabricación de pneumáticos e cubertas de caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mondoñedo. Fundouno en 1585 o bispo Isidro Caja de Lara, e foi o primeiro seminario de Galicia. Impartíanse estudos de gramática e destinouse á formación de futuros sacerdotes. No s XVIII sufriu unha importante remodelación a nivel intelectual, iniciada polo bispo Xosé Francisco Losada Quiroga (1761-1779), que conseguiu a incorporación dos estudos de filosofía e teoloxía, e que acompañou coa construción dun novo edificio. A fachada presídea Santa Catarina, patroa dos novos e filósofos. En 1780 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dos signos lingüísticos que teñen un único significado, como a maioría dos termos científicos, en oposición a aqueles que teñen máis dun (polisemia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta monosemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Demócrata ao estilo de Nekrasov, o seu espírito progresista foi optimista nun primeiro momento, como amosou no poema Vper’od (Adiante, 1878), e logo pesimista pola reacción política da década de 1880, como en Naše pokelenije junosti ne znajet (A nosa xeración non coñece a mocidade, 1884, Premio Puškin, 1885).

    VER O DETALLE DO TERMO