"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • CUMIOS

    Cumio do S da Illa de Ons, no peche da Ría de Pontevedra, na parroquia de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa ou banco de nubes a uns 4.000 m de altitude, composto de masas globulares dispostas en grupos ou aliñadas nunha ou dúas direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transdutor electroacústico encargado de transformar os sinais eléctricos en ondas acústicas e ideado para radiar potencia acústica ao aire. Segundo o principio físico empregado, os altofalantes poden ser electrodinámicos, electromagnéticos, electrostáticos, magnetostáticos, piezoeléctricos ou iónicos. O máis corrente é o altofalante electrodinámico. Dado que é moi difícil conseguir que un só altofalante poida reproducir todas as marxes de frecuencias audibles (20 Hz-20.000 Hz), nos sistemas de alta fidelidade esta marxe é reproducida por dous ou tres altofalantes, que se reparten os sinais mediante un filtro divisor de maneira que cada un deles poida reproducir unha banda máis estreita e máis de acordo coas súas propiedades características. En xeral emprégase un altofalante de graves e outro de agudos, aos que a miúdo se engade outro de medios. Os altofalantes adoitan estar dispostos nunha caixa acústica. O altofalante de graves destínase a reproducir a parte inferior do espectro...

    2. Altofalante baseado na acción dun campo magnético permanente sobre unha bobina móbil, unida a un diafragma capaz de vibrar. Chámase tamén de bobina móbil. Consta esencialmente de dúas partes: unha fixa, chamada motor, e unha móbil que é a que produce o son. O motor está constituído por un imán permanente e tres pezas metálicas, a columna polar ou perno, o anel polar e a placa. O imán pode ser cerámico ou ben metálico. O fluxo deste imán concéntrase no entreferro, anel circular que fica entre o gonzo e o anel polar. Dentro do entreferro queda perfectamente centrada a bobina móbil, solidaria coa membrana. Todo este conxunto é soportado pola carcasa onde están as terminais de entrada de corrente cara á bobina móbil. A suspensión exterior pode estar feita do mesmo material que a membrana ou ben por un material máis elástico: goma, neopreno, etc. A membrana adoita estar feita de fibra de celulosa ou ben de algodón, tratados por procedementos similares aos da fabricación de...

    3. Altofalante baseado na acción dinámica producida sobre unha placa de material ferromagnético por un campo magnético variable. É chamado tamén de ferro móbil. Consta dun imán permanente que, en ausencia de sinal, fai circular un fluxo magnético a través da placa. A corrente alterna procedente do amplificador circula polas bobinas de maneira que o fluxo magnético creado se suma ou resta ao producido polo imán permanente, segundo a polaridade da corrente, e a placa avanza ou retrocede.

    4. Altofalante baseado no efecto dinámico producido sobre unha placa polarizada sometida á acción dun campo electrostático. Está constituído por un diafragma moi lixeiro de poliéster, colocado entre dous electrodos acusticamente transparentes. Este diafragma está polarizado en relación aos dous electrodos, os que crean un potente campo electrostático. O sinal que provén do amplificador aplícase a estes electrodos mediante un transformador, e as variacións de polarización forzan o diagragma a se desprazar.

    5. Altofalante que non se pode separar doutro aparello e que foi concibido para funcionar conxuntamente con aquel.

    6. Altofalante baseado no feito de que os gases ionizados poden comportarse como un diafragma de seren modulados mediante un campo eléctrico. Para conseguir ionizar o aire, cómpre sometelo a unha tensión continua moi elevada, duns 15.000 V. Unha vez ionizado, superpónselle un campo eléctrico, modulado polo sinal que se queira reproducir; conséguese mover este aire, o que produce o son. Emprégase soamente para reproducir frecuencias altas.

    7. Altofalante baseado nas propiedades que teñen algúns cristais de se deformar cando se lles aplica corrente: son empregados para reproducir frecuencias agudas. Pode funcionar inmerso na auga e por iso é empregado para as comunicacións submarinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e impresor. Casou en Madrid coa poetisa Concha Méndez (1931), xunto coa que editou revistas e coleccións de poesía facendo o labor de portavoz da Xeración do 27. Distinguiuse pola súa poesía elegante, na que se funden elementos cultos e barrocos xunto con outros populares e vagamente vangardistas en Las islas invitadas (1926), Ejemplo (1927), Soledades juntas (1931) e outros libros. Ao rematar a Guerra Civil Española (1939) exiliouse en Cuba e máis tarde en México, onde editou a colección de clásicos casteláns La Verónica. Escribiu algúns libros de poemas de estilo romántico. As súas Poesías Completas apareceron postumamente (1960). Tamén se dedicou ao cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Alta Limia.

    2. Natural ou habitante da Alta Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión dun corpo perpendicular á súa base.

    2. Aquilo que nutre ou apoia. Estímulo e sustento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura que se esculpe sobre un plano e que sobresae case por completo en relevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia (5.599 km2; 118.784 h [estim 1995]). A capital é Gap.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Illa de Francia (rexión de París), Francia (176 km2; 1.405.280 h [estim 1995]). A capital é Nanterre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Bilbao no 1902, por achega de capital de tres empresas de Euskadi. No ano 1940 absorbeu a Compañía Siderúrgica del Mediterráneo (Sagunto) e no 1971 a SA Basconia. En 1971 creou Altos Hornos del Mediterráneo SA. Ten siderurxia integral en Barakaldo e Sestao (Bizkaia) e outras instalacións transformadoras. Por mor das fortes perdas arrastradas dende o decenio 1970-1980, en 1991 integrouse, conxuntamente coa Empresa Nacional Siderúrgica (ENSIDESA), baixo o control e a xestión da Corporación de la Siderurgia Integral, paso que, de feito, supuxo o seu traspaso ao sector público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión de Midi-Pyrénées, Francia (4.464 km2; 223.718 h [estim 1995]). A capital é Tarbes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de nubes situada a unha altura de entre 2.000 e 6.000 m, constituída por un veo fibroso ou estriado, a través do que son visibles os discos do Sol e da Lúa como a través dun vidro máis ou menos opaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que procede do Alto Volta.

    2. Habitante ou persoa procedente do Alto Volta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Miramento, afán ou compracencia que se fai polo ben dos demais, mesmo a costa do propio.

    2. Doutrina que ten como fin da conduta moral o interese polos demais en si mesmo. Oponse a hedonismo, egoísmo e utilitarismo na medida que manteñen como móbil da conduta o propio interese, non sendo o interese polos outros máis que unha consecuencia derivada da procura polo ben propio.

    3. Acto que beneficia a outro organismo en prexuízo de quen o realiza, no que están definidos o custo e o beneficio en termos de éxito reprodutivo.

    4. Comportamento altruísta motivado por causas patolóxicas. Así, por exemplo, os megalomaníacos reparten riquezas imaxinarias e os paranoicos intentan crear sistemas políticos ‘para salvar a humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que mira polo ben dos demais, que se comprace co ben dos outros, mesmo en prexuízo do propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Comunidad Foral de Navarra (7.004 h [1996]). Ten un importante centro comercial, xunto a unha industria química e unha fábrica de aderezos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e lexicógrafo vasco, puntal científico do rexurdimento literario en éuscaro de comezos do s XX. No 1918 foi un dos doce primeiros membros da Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca). Escribiu artigos, opúsculos e libros sobre aspectos gramaticais do éuscaro, distinguíndose como defensor dun idioma a un tempo popular e científico. Autor de La vida del Euskera (1934-1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo e prehistoriador vasco. Doutor en Ciencias Biolóxicas (1972), dedícase principalmente ao estudo dos mamíferos cuaternarios, principalmente os vencellados a xacementos prehistóricos. Presidente da Sociedad de Ciencias Aranzadi (1979) e da Sección de Estudios Vascos (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concello da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (3.093 h [1996]). Ten cerdeiras, oliveiras, amendoeiras e alfarrobeiras. Explota o xeso e está desenvolta a industria da madeira e do téxtil.

    2. Dimensión dunha cousa en sentido vertical.

    3. Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.

    4. Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.

    5. Nivel ou modo de comportamento.

    6. Nome simbólico co que designamos o ceo.

      1. Arco da vertical dun astro medido dende o horizonte ao astro; mídese de cero a 90°; é positiva se o astro está por riba do horizonte, é dicir, se é visible, e negativa se está por baixo do horizonte. No primeiro caso contarase cara ao cénit, e no outro cara ao nadir.

      2. altura antemeridiana

        Altura dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.

      3. altura aparente

        Altura obtida ao aplicar á altura observada a corrección causada pola depresión do horizonte.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO