altruísmo
(
-
s
m
Miramento, afán ou compracencia que se fai polo ben dos demais, mesmo a costa do propio.
Ex: O altruísmo amosouno dando os seus cartos ós pobres.
-
s
m
[FILOS]
Doutrina que ten como fin da conduta moral o interese polos demais en si mesmo. Oponse a hedonismo, egoísmo e utilitarismo na medida que manteñen como móbil da conduta o propio interese, non sendo o interese polos outros máis que unha consecuencia derivada da procura polo ben propio.
-
s
m
[BIOL]
Acto que beneficia a outro organismo en prexuízo de quen o realiza, no que están definidos o custo e o beneficio en termos de éxito reprodutivo.
-
altruísmo patolóxico
[PAT]
Comportamento altruísta motivado por causas patolóxicas. Así, por exemplo, os megalomaníacos reparten riquezas imaxinarias e os paranoicos intentan crear sistemas políticos ‘para salvar a humanidade.