"aris" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 297.

  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Foi discípula de san Vicente de Paul e fundadora da congregación Fillas da Caridade. A súa festividade celébrase o 15 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo grego. Relacionouse cos protestantes e mostrouse tolerante coa súa doutrina. Nomeado patriarca de Alexandría en 1602, ocupou en 1621 a sé de Constantinopla. Acusado de patriota e de desviacionista, foi estrangulado por orde do sultán. Parece ser o autor dunha Confesión (1629), libro doutrinal que foi atacado violentamente polos católicos e os gregos latinizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux-Arts de París (1881) e formou parte do grupo dos nabís. Influído polo modernismo e Chavannes, Cézanne e Gauguin, fixo Les Lavandières (1893) e Femme à l’ombrelle (1896). Seguiu o espírito dos Arts and Crafts, practicou a tapicería, e   a cerámica, desde 1896 dedicouse   á escultura. Influído por Rodin, despois dunha viaxe a Grecia (1908) adoptou o canon clasicista, e tratou o tema da muller núa en Pomona (1907-1910), Flore (1912), Vénus au collier (1924-1930), Les Trois Nymphes (1930-1937) e La Rivière sans socle détail (1939-1943).Das esculturas masculinas destacan o busto de Renoir (1907), Le cycliste (1908) e   Monument aux morts (1933). En 1964 unha selección da súa obra foi feita en bronce e colocada nos xardíns das Tulleries de París. Adicouse tamén á ilustración de libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de facer xogos malabares ou de destreza e habilidade.

    2. Conduta hábil para lidar unha situación difícil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que realiza xogos malabares destramente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, de ata 2 m de altura, cuberta dun tomento gris, de talo recto, follas dentadas, ovado-triangulares e flores rosa ou lila pálido.

    2. Planta herbácea perenne, de ata 180 cm de altura, pubescente, de follas palmatilobuladas e de flores rosas. Crece espontaneamente e cultívase en xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de París. Segundo a lenda, librou a cidade dun dragón que habitaba a sepultura dunha muller adúltera, morta sen se arrepentir. A súa festividade celébrase o 1 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República Federal de Rusia, situada no centro da parte europea de Rusia, á beira do río Volga (23.200 km2; 761.400 [estim 1999]). A capital é J ǒ skar-Ola. O relevo é unha planicie ao NL e cara ao O descende converténdose nunha depresión pantanosa. O clima é moderadamente continental. O Volga é o río principal, e transcorre pola fronteira S da república ao longo de 150 km. A meirande parte do territorio está cuberto de coníferas. O 45% da poboación é urbana. Nos recursos naturais destaca a extracción de cuarzo, silicatos e turba. A industria principal é a mecánica e a forestal, aínda que tamén posúe industria do papel e de aparatos semicondutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Oficial que tiña ao seu cargo os cabalos reais. Carlomagno fixo deste cargo unha das tres grandes dignidades da súa corte, xunto cos de senescal e copeiro. Posteriormente, o mariscal pasou a ser un oficial do condestable de Francia. Cando se suprimiu esta dignidade (1627), o cargo de mariscal de Francia, que se creara en 1187, converteuse no de primeiro oficial do reino. No Reino de Castela o grao de mariscal apareceu no s XIV, e identificouse co de primeiro oficial do condestable. Despois da conquista de Granada converteuse nunha dignidade puramente honorífica.

      2. gran mariscal/de corte/de palacio

        Alto oficial da corte dun soberano.

      3. mariscal do cónclave

        Dignitario laico da corte pontificia que ten ao seu cargo a custodia do cónclave.

    1. Grao supremo da xerarquía militar en certos países como Francia, Alemaña, Italia e Rusia. Noutros países este grao ocupábao o mariscal de campo, creado en España por Filipe V como superior aos de coronel e brigadier, pero en 1889 foi substituído polo de xeneral de división.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Pardo de Cela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra dramática escrita por Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte e publicada na Coruña en 1926. Trátase dunha peza teatral escrita en verso con tres actos que se dividen, á súa vez, en xornadas, cadros e escenas. Os actos están precedidos por un prólogo que serve de introdución histórica aos feitos e tenta explicar a finalidade da obra. Conta cun gran número de personaxes, aínda que destaca de forma especial o papel do Mariscal Pedro Pardo de Cela, que se presenta como un heroe da causa nacionalista galega fronte á traizón dos nobres galegos e casteláns. Cabanillas adaptou o texto para un libreto operístico titulado tamén O Mariscal, que contou co deseño escenográfico de Camilo Díaz Baliño e foi estreado en Vigo en 1929.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico e deseñador. De nome Francesc Xavier Errando Mariscal, estableceuse en Barcelona en 1970 e comezou a debuxar en revistas underground. Participou nas actividades do grupo italiano Memphis e en 1991 deseñou o can Cobi e a nena Petra, mascotas dos Xogos Olímpicos e Parolímpicos de Barcelona (1992). Foi un dos principais representantes da nova tendencia á artistización do deseño e á superación do rigor funcionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recoller mariscos nas praias ou nas penas que son batidas polo mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera animal mariño invertebrado e provisto de exoesqueleto, especialmente os crustáceos e os moluscos comestibles. Os mariscos poden vivir no litoral rochoso, fixos ás rochas ou sobre elas, nos fondos brandos, enterrados na area ou sobre ela, e no fondo en zonas de pedras e algas, no interior das rías. Os mariscos máis representativos entre os moluscos son o caramuxo ou mincha, a lapa, o berberecho, as zamburiñas, a ameixa, a ostra, a navalla, o mexillón, o choco, o polbo ou a volandeira; entre os crustáceos, o percebe, a gamba, o camarón, a cigala, o lumbrigante, o boi, a lagosta, a nécora e a centola, entre outros, e dentro dos equinodermos está o ourizo de mar. En Galicia os mariscos máis abundantes son o mexillón e o berberecho. A maioría das especies marisqueiras están sometidas a un período de veda, que depende do ciclo biolóxico de cada especie, e dunhas medidas e idades legais mínimas. A forma de recolección destas especies depende do hábitat en que se localiza. O marisco galego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo lixeiramente deprimido que resulta asolagado polas augas mariñas cando sobe a marea. Tamén pode estar situada nunha zona de esteiro e verse afectada polas achegas fluviais. Está formada por sedimentos, normalmente limos e areas achegadas polo mar ou polos ríos, enriquecidos con materia orgánica, que permiten o desenvolvemento de ecosistemas de grande interese biolóxico. As condicións variables de humidade, salinidade e profundidade favorecen a aparición de diversos tipos de plantas superiores, algas e fitoplancto. Nas zonas mergulladas pódense atopar plantas semellantes a algas, nas beiras encharcadas de elevada salinidade abundan as plantas do xénero Salicornia, acelgas marinas (Beta marítima) e outras especies suculentas, e nas zonas de máis baixa salinidade e pouco somerxidas aparecen os xuncos mariños, os carrizos e as espadanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión chá e pantanosa de Andalucía, situada preto da desembocadura do río Guadalquivir. Separada do mar por unha liña de dunas e atravesada polo devandito río, abrangue unha superficie de 4.200 km2. Unha boa parte dos terreos está dedicados á gandería temporeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Josefa Flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao marisco.

    VER O DETALLE DO TERMO