"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • CIDADES

    Cidade do condado de Somerset (Inglaterra), á beira do río Avon (79.965 h [1981]). As súas principais funcións son a residencial e a balnearia. Os romanos chamárona Aqua Sulis e construíron nela unha estación termal. Despois da visita da Raíña Ana en 1702 converteuse nun centro de moda para a aristocracia inglesa. Entre os seus monumentos sobresaen as instalacións termais romanas e a igrexa abacial, reconstruída no s XVI en estilo gótico perpendicular. Desde 1725 a cidade foi ensanchada cara ao noroeste. John Wood e o seu fillo realizaron a transformación urbana da cidade e construíron o Royal Crescent (1767-1775).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura do Chad (88.800 km2, 288.458 h [1993]). A súa capital é Ati (6.444 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz francesa de cine e teatro coñecida popularmente por Arletty. A súa traxectoria artística vai ligada á de Marcel Carné, para quen realizou as mellores interpretacións en Le jour se lève (A xornada comeza, 1939), Les enfants du paradis (Os rapaces do paraíso, 1944) e Les visiteurs du soir (Os visitantes do anoitecer, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estado do Dogger (ou Xurásico medio), situado baixo o Caloviano e sobre o Baxociano. O estratotipo está nas calcarias oolíticas de Bath, preto de Bristol (Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Bathoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia católica húngara, documentada dende o s XIII. Hostil aos Habsburgo, varios dos seus membros foron príncipes da Transilvania. Cómpre salientar entre eles ao Rei de Polonia (1575), Estevo I Báthory de Polonia (1533-1586), e á súa sobriña, Isabel Báthory (1560-1614), á que se lle atribuíron crimes de vampirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asento de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de Banjul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos batiláxidos, de ollos laterais moi grandes e dirixidos cara a arriba, ao que pertence o perlán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos soleidos ao que pertence o linguado de fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos batíadas.

    2. Membro dunha dinastía de oito monarcas que reinou en Cirene aproximadamente do 630 ao 465 a C. Eran descendentes de Batos I, fundador de Cirene.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Referido á zona oceánica que corresponde ás proximidades da támara continental, é dicir, a profundidades que oscilan entre os 200 e os 2.000 ou 3.000 m, por baixo da zona peláxica (ou superficial) e por riba da zona abisal.

    2. Partículas depositadas na zona batial, constituídas polos materiais máis finos procedentes dos continentes, especialmente margas, arxilas e calcarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar situado baixo o corazón por mor dun relaxamento dos grandes vasos sanguíneos (arterias aorta e pulmonar).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de bater o bosque ou o monte nunha zona determinada para levantar a caza.

    2. Recoñecemento dun lugar en busca de delincuentes.

    3. Percorrido de recoñecemento dun lugar en busca de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de bater.

    2. Movemento de dilatación e contracción alternativas do corazón.

    3. Bebida que se fai batendo leite e xeado, e que ademais pode incorporar froitas, algún licor ou xarope, todo ben remexido cun batedor.

    4. Masa coa que se elaboran as hostias e os biscoitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensibilidade profunda que recolle os impulsos que proveñen dos músculos, dos tendóns e dos ligamentos articulares, para informar das posicións recíprocas das diferentes partes do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído e confusión producidos por persoas discutindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición e rexistro das profundidades do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á batigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de estampación, orixinaria de Insulindia, consistente en encerar á man, con cera de abellas fundida, as partes da tea que non se queren tinxir, tinxir a tea no baño correspondente e desencerala; repítese o procedemento tantas veces como cores diversas se queiran aplicar. Actualmente se fan imitacións industriais. Trázanse as liñas esenciais do debuxo e recóbrense as partes que quedan máis claras, facendo desaparecer a cera con bencina. O comercio destes estampados contribuíu a difundir a decoración indonesia, que influíu fortemente no modernismo holandés sobre todo a través do ceramista Theodorus Colenbrander.

    2. Tecido estampado polo procedemento batik.

    VER O DETALLE DO TERMO