Bath
Bath
Cidade do condado de Somerset (Inglaterra), á beira do río Avon (79.965 h [1981]). As súas principais funcións son a residencial e a balnearia. Os romanos chamárona Aqua Sulis e construíron nela unha estación termal. Despois da visita da Raíña Ana en 1702 converteuse nun centro de moda para a aristocracia inglesa. Entre os seus monumentos sobresaen as instalacións termais romanas e a igrexa abacial, reconstruída no s XVI en estilo gótico perpendicular. Desde 1725 a cidade foi ensanchada cara ao noroeste. John Wood e o seu fillo realizaron a transformación urbana da cidade e construíron o Royal Crescent (1767-1775).