"bot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 225.

    1. Relativo ou pertencente a Camba ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Camba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porco que se ceba para unha segunda matanza no mes de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Especializado en xeografía urbana e rexional, foi director do Instituto de Xeografía da Universidade de París. As súas obras máis importantes son Les villes (As cidades, 1948) e o Traité de Géographie Urbaine (Tratado de xeografía urbana, 1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soltar ou quitar os botóns dos ollais a unha peza de roupa.

    2. Sacar un botón do ollal nunha peza de roupa.

    3. Soltarse algo que estaba abotoado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tirar ou descartar algo por consideralo sen valor ou falto de utilidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que un desbota, outro roga”.

    2. Apartar da mente algo, especialmente un temor, un mal pensamento ou unha idea.

    3. Rexeitar ou non admitir algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de tenias ao que pertence a especie D. latum, que para completar o seu ciclo vital ten como hospedeiros: primeiro os copépodos, logo os peixes e, por último, os depredadores destes, entre os que está o home -ó que lle afecta cando inxire os peixes crus, mal cociñados ou afumados-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen embotella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina automática para encher de líquido unha botella e, xeralmente, tapala con tapa ou soldadura, en certos envases de vidro ou de material plástico, e poñerlle a etiqueta. As embotelladoras son máquinas moi automatizadas que traballan por dose volumétrica. Cando se trata de bebidas carbónicas, opera normalmente a contrapresión, é dicir, antes de entrar o líquido na botella inxéctaselle aire ou ácido carbónico á mesma presión que ten o líquido no depósito de alimentación; desta maneira, conséguese un produto de mellor calidade e evítase a formación de escuma.

    2. Instalación ou planta onde se embotella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de embotellar.

    2. Atasco de vehículos nunha vía pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter en botellas algo, especialmente un líquido.

    2. Producir nunha vía pública unha aglomeración de vehículos que impide a circulación fluída.

    3. Deter naves inimigas que están fondeadas nun porto ou paso estreito para que non poidan saír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Lampón (concello de Boiro), situado na beira setentrional da ría de Arousa. É un importante porto pesqueiro; as capturas que se descargan nel abastecen a industria conserveira local, especializada no enlatado de sardiñas e moluscos. As instalacións portuarias ocuparon unha gran parte do litoral de Escarabote e deixaron dúas praias a cada lado; a maior delas, a praia de Escarabote , é un areal duns 80 m de longo e cunha media de 5 m de largo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento cirúrxico do estrabismo que consiste no desprazamento dun dos músculos do ollo, despois da sección previa do tendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. erso ou conxunto de versos que se engaden ao final dunha composición métrica, especialmente nun soneto.

    2. Forma musical italiana de finais do s XV e principios do s XVI, en que a voz superior se acompaña doutras, de instrumentos ou alterna con fragmentos musicais. É un xénero entre popular e cortesán, xeralmente de contido amoroso. Os primeiros estrambotes foron publicados por O. Petrucci nas súas coleccións de frottole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que resulta raro por ser moi diferente ao normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tetrodo con atmosfera de gas que produce resplandores de luz a un ritmo controlable pola frecuencia dunha corrente alterna aplicada. Emprégase no estroboscopio electrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña desde 1994 e deputada no Congreso pola circunscrición da Coruña na VI (1996-2000) e VII (2000) lexislaturas, nas que foi membro das comisións de Sanidade e Consumo, Administracións Públicas, Regulamento e da comisión mixta para o estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión realizada nunha vea, especialmente para practicar unha sangría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para practicar flebotomías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación dun coágulo intravenoso, nin inflamatorio nin infeccioso, con escasa ou nula lesión da parede do vaso. O coágulo que se forma está unido debilmente á parede da vea, polo que provoca facilmente émbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO