"uru" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 194.

  • GALICIA

    Xurista e escritor. Catedrático de Dereito Penal na Universidad Autónoma de Madrid desde 1970, foi relator xeral da comisión redactora do proxecto do novo Código Penal de 1980 e profesor nas universidades de Oviedo e Santiago de Compostela. No ámbito xudicial escribiu Aplicación judicial del Derecho y lógica de la argumentación jurídica (1988) e El Derecho español en el siglo XX (2000). No eido literario foi un dos fundadores do movemento da Nova Narrativa Galega. Colaborador da revista Vamos e do xornal La Noche, da súa produción destacan Nasce unha árbore (1954), en que inclúe tres relatos compostos con técnicas innovadoras e onde a realidade se trata con trazos fantásticos, ademais da utilización do monólogo interior e dos espazos mitolóxicos; e Memoria de Tains (1956), onde o autor emprega a técnica epistolar para reflectir os problemas existenciais dos personaxes. Os seus relatos están marcados polo simbolismo, o entrelazamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao espazo situado nas proximidades dunha cidade caracterizado pola mestura de elementos da paisaxe rural como o parcelamento agrario, as hortas e o hábitat rural tradicional, con outros derivados da urbanización como novas vivendas para activos non agrarios, áreas industriais, infraestruturas e equipamentos que consumen moito espazo. Foi un proceso no que á desconcentración residencial das cidades nas áreas rurais próximas se engadiu a instalación nas mesmas de toda unha serie de infraestruturas consumidoras de grandes cantidades de espazo como aeroportos, estacións para o abastecemento e a depuración de auga, depósitos de residuos sólidos urbanos, plantas de tratamento de residuos perigosos, creación de polígonos empresariais e industriais e grandes centros comerciais e de ocio. Deste xeito nestes espazos a nota máis característica é a xustaposición de caracteres urbanos e rurais dun xeito máis ou menos anárquico. Este espazo asóciase deste modo a unha gran variedade de usos do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de África Oriental baixo o mandato (1916-1946) e o fideicomiso belga (1946-1962), que se converteu, en 1962, nos estados de Rwanda e Burundi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Bispo de Lugo (1762-1768), durante o seu goberno construíuse a portada principal da catedral e a capela maior. Foi arcebispo de Zaragoza (1768-1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos roedores, da familia dos esciúridos, á que pertencen algúns esquíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes teleósteos, da familia dos silúridos, ao que pertence o siluro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade sumeria, situada uns 240 km ao SO de Bagdad (actual Tall Fa’rah). Está documentada desde o final do IV milenio a C (cultura Jamdat Nasr), período ao que pertencen unha serie de táboas coas primeiras mostras de escritura sumeria. Segundo a lenda o seu derradeiro rei, Ziusudra, identificouse con Utnapištim ou Noé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos cinoglósidos, ao que pertence a pelada (S. nigrescens).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos cótidos, co corpo forte, o opérculo cunha espiña rugosa e protuberancias óseas na liña lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación de Tauro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial creada en 1954 polo libreiro Francisco Pérez González e o estudante colombiano Rafael Gutiérrez Girardot, e integrada desde 1974 no Grupo Santillana. As súas coleccións abranguen teoría crítica, pensamento, filosofía, filoloxía, literatura, historia, ciencias sociais, biografías e memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da orde dos perciformes, co corpo en forma de serpe de cor prata e a aleta caudal rematada en fío. Nas nosas augas pódese atopar un representante deste xénero que é a especie T. lepturus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios, da familia dos salamándridos, ao que pertencen os limpafontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles, da suborde dos terópodos, ao que pertencían os tiranosauros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kilimanjaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo uru.

    2. Individuo do pobo uru.

    3. Pobo amerindio que habita en pequenos grupos diseminados na rexión do lago Titicaca, na conca do Desaguadero, na illa de Panza, no lago Poopó e no lago de Coipasa. A unidade social básica é o ayllu. Cristianizados, conservan moitas crenzas precristiás.

    4. Lingua arauaca do phylum amerindio que fala o pobo uru.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michoacán, México (265.699 h [2001]). Situada na chaira central, a 100 km ao SO de Morelia, é o lugar de saída para ir ao volcán Paricutín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América do Sur, situado ao S de Perú (725 km). Nace na cordilleira de Vilcanota, na parte meridional dos Andes peruanos, continúa ao longo da serra de Vilcabamba e únese co Apurímac, para formar o Ucayali.

    VER O DETALLE DO TERMO