"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • GALICIA

    Pintor. Membro da Xeración Doente, formouse na escola da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1888-1893). Xunto cos debuxos e paisaxes académicos como Desnudo masculino, realizou os seus primeiros retratos, os dos seus pais, en 1891. En 1893 obtivo unha pensión da Deputación de Ourense para viaxar a Roma. Durante a súa estancia en Italia (1893-1894) a súa produción centrouse na figura humana, caracterizada polo emprego dos grandes volumes. Pintou Otra Elena pompeyana e Esclava romana de Nerón, nas que amosou a influencia da arte clásica, escenas alegóricas e paisaxes como Vista de Roma, onde se afastou da pintura académica. De regreso a España, cultivou diversos temas e técnicas como o espido, a paisaxe ou o retrato, e o óleo, a acuarela ou a augada. Destacan La mantilla, Retrato de don Manuel Feijóo e Autorretrato. Para a catedral de Ourense realizou os lenzos do altar de Santo Antonio e atribúeselle a decoración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Capitán da mariña mercante, foi gobernador civil de Pontevedra (1987-1994) e voceiro do Grupo Socialista na Deputación de Pontevedra. Ademais de colaborar en varios medios de comunicación, principalmente sobre temas marítimos e políticos, é autor de diversas obras sobre historia marítima, das que destacan Realidad y ficción en la piratería (1993), El corso español en el siglo XVII (1993), O pirata da Moureira (1994) e El último pirata (1996). Recibiu o Premio de Ecoloxía Galicia, o Paul Harris Fellow de Rotary International, a Gran Cruz del Mérito Naval e a Gran Cruz del Mérito Policial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Parada (A Estrada). Ten planta rectangular realizada en cachotaría e dous andares. Destacan as fiestras rectangulares con doseletes e a cornixa moldurada. Nas súas proximidades atópase un hórreo de cinco claros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia de Covelo (Palas de Rei). O seu cumio acada os 554 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Parada (Nigrán). Posiblemente construída en dúas etapas entre os ss XVI e XVIII, mantén parte da súa estrutura orixinal aínda que perdeu os signos de fortaleza. Destaca a escalinata e os balcóns sobre canzorros de fábrica barroca. Ten un portón en arco de medio punto rematado por pináculos con bólas e cara a un lado un escudo de armas dos Araúxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Oza dos Ríos. Datado xa en 868, documéntase tamén nos Tombos de Sobrado dos Monxes aínda que sen data.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no SO da Comunidade Autónoma de Galicia, no SL da provincia de Pontevedra, que se estende polo extremo meridional das montañas da Dorsal Occidental Galega, na cabeceira do Tea, no val do río Deva e no tramo oriental do Miño pontevedrés. Limita ao N coa comarca de Vigo (Fornelos de Montes) e O Ribeiro (Avión), ao L coa do Ribeiro (Melón e Cortegada) e Terra de Celanova (Pontedeva e Padrenda), ao S con Portugal, e ao O ca do Condado (Mondariz, Salvaterra de Miño e As Neves). Abrangue unha superficie de 333,6 km2en que acolle unha poboación de 17.356 h (2001) distribuída nos concellos de Arbo (43,3 km2; 3.742 h), A Cañiza (107,5 km2; 7.194 h), Covelo (125,3 km2; 3.743 h) e Crecente (57,5 km2; 2.677 h). A capitalidade comarcal é a vila da Cañiza, principal centro comercial e de servizos, beneficiado por ser o principal nó de comunicacións do extremo SL pontevedrés e pola grande accesibilidade respecto a Portugal, Ourense...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carballido (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 632 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en La Campiña e regado por diversos ríos pequenos procedentes do Guadaira (7.040 h [2001]). A súa economía é principalmente agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de san Marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira do territorio de Guaporé, situada ao NO do estado de Mato Grosso, Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • xogos parolímpicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico mensual aparecido en Salvaterra de Miño a partir de maio de 1996. Dirixido por Óscar Estévez Castelo, tentou converterse no voceiro comarcal dos concellos que integran a comarca do Condado. Incluíu información sobre actividades deportivas e culturais, novas sobre ecoloxía, racismo, música e drogodependencias, algúns retallos de historia e pasatempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chuvia miúda e persistente con aparencia de néboa.

    2. Néboa pouco densa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou expresión que demostra pouca ou ningunha intelixencia.

    2. Dito ou feito sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de pasar dun lugar a outro.

      2. Acción de pasar sobre un lugar, especialmente un aparato aéreo.

      3. Acción de pasar sobre unha superficie.

      1. Cada unha das veces que se repite a mesma operación sobre algunha cousa.

      2. Acción de someter unha peza ao traballo dunha ferramenta durante un só ciclo mecánico da máquina-ferramenta. Distínguese entre a pasada de desbaste, de gran profundidade e efectuada para lle dar á peza a forma desexada, e a pasada de acabado, de pouca profundidade, que permite obter as medidas exactas e pulir a superficie.

      1. Movemento dos pés que se fai ao andar.

      2. Distancia que hai entre os puntos onde se apoian os pés ao andar.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO