Parada, pazo de
Parada, pazo de
Construción situada en Parada (Nigrán). Posiblemente construída en dúas etapas entre os ss XVI e XVIII, mantén parte da súa estrutura orixinal aínda que perdeu os signos de fortaleza. Destaca a escalinata e os balcóns sobre canzorros de fábrica barroca. Ten un portón en arco de medio punto rematado por pináculos con bólas e cara a un lado un escudo de armas dos Araúxo.