"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno do crecemento, debido a causas xenéticas ou ambientais, na que un individuo acada un talle inferior aos límites considerados normais para a súa especie. Na especie humana débese a unha insuficiente secreción da hormona do crecemento durante a infancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos quince satélites de Xúpiter. Ten un radio aproximado de 10 km e unha orbita, a unha distancia media de 21 millóns de quilómetros do planeta, que describe un movemento retrógado. Descubriuno S. B. Nicholson en 1914.
-
-
Aplícase ao que é máis pequeno en comparación cos demais da súa especie.
-
Que está afectado de ananismo.
-
Especie temperá de mazá.
-
Ser mítico que, segundo a crenza popular, habita nas forxas dos ferreiros, a carón do fogón; caracterízase pola súa bondade e agarimo cara aos nenos, aos que cura de moitas doenzas. Pode adoptar diferentes formas como as de bolboreta, paxaro ou verme, pero é máis coñecida a súa figura de homiño pequeno, con barba moi branca e longa, que se agocha en profundas covas e fragas moi mestas.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Andhra Pradēsh, India, ao N de Bangalore (174.792 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ano’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desprovisto de flores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anacoluto no que se suprime un dos termos correlativos do período.
-
-
Relativo ou pertencente ao anapesto.
-
Composto dun ou varios anapestos.
-
Ritmo de marcha conseguido con anapestos, usado nos cantos militares dóricos e, máis tarde, na comedia e na traxedia grega. Por extensión, desígnase ás veces deste xeito, o verso escrito en lingua románica que ten o acento na terceira sílaba precedida de dúas átonas ou debilmente acentuadas.
-
-
-
Pé métrico da poesía greco-latina composto de tres sílabas, as dúas primeiras breves e a última longa. Oponse ao dáctilo.
-
Na comedia grega é a parte principal da parábase ou discurso do corifeo ao público, a causa do ritmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de libro que ten as follas escritas ou impresas por unha soa cara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cambios celulares que implican perda do carácter diferenciado e capacidade proliferativa nas células afectadas. É característica dos tecidos tumorais, polo que a súa detección é importante na diagnose de cancros.
-
-
Que pertence á familia das anaplasmatáceas.
-
Rickettsia da familia das anaplasmatáceas.
-
Familia de rickettsias parasitas dos eritrocitos, de aspecto semellante a algúns virus e mesmo a certos protozoos (piroplasmas) tamén parasitos dos eritrocitos. Atacan sobre todo os ruminantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección por rickettsias do xénero Anaplasma, propia dos bóvidos dos países cálidos. Comporta, a miúdo, ictericia e anemia. O tratamento desta enfermidade limítase a repouso absoluto e á administración de tónicos xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica coa que se pretende restablecer unha parte mutilida do corpo ou realizar algunha modificación nel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Non apodíctico, indemostrable.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Maryland, nos EE UU, á beira da baía de Chesapeake (33.187 h [1990]). Fundada contra o ano 1649 polos puritanos, no 1783 foi ratificada no Tratado de París, coa que se rematan as hostilidades coa Gran Bretaña. Tres anos máis tarde, a Convención de Anápole preparou a futura Convención Federal de 1787.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Goiás, Brasil, ao SO de Brasilia (160.520 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence á clase dos anápsidos.
-
Réptil da subclase dos anápsidos.
-
Subclase de réptiles caracterizados pola ausencia de fosas temporais. Comprende os quelónidos e dúas ordes extinguidas: cotilosauros e mesosauros.
-
-
-
Aplícase ao son vocálico motivado por unha anaptixe.
-
Relativo ou pertencente á anaptixe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma particular da epéntese que determina a introdución dun son vocálico, favorecido por determinadas facilidades articulatorias de orde orgánica entre outros dous consonánticos, sendo un destes líquido; por exemplo, corónica por crónica.