anaptixe

anaptixe

(

s f [LING]

Forma particular da epéntese que determina a introdución dun son vocálico, favorecido por determinadas facilidades articulatorias de orde orgánica entre outros dous consonánticos, sendo un destes líquido; por exemplo, corónica por crónica.