anaptomórfido

anaptomórfido
  1. s m [PALEONT]

    Primate fósil da familia dos anaptomórfidos.

  2. s m pl [PALEONT]

    Familia fósil, procedente do Eoceno de Europa e Norteamérica, de primates braquicéfalos da suborde dos lemuroideos, coa porción anterior das órbitas moi grandes, sen sínfise mandibular e con dentición en parte de tipo insectívoro. Pertencen a esta familia os Anaptomorphus. Serviron para relacionar a orde dos primates cos insectívoros.

Palabras veciñas

anápsido | anaptíctico -ca | anaptixe | anaptomórfido | anaptótico -ca | Anaquiños | anaquita