"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Príncipe e Tsar de Rusia (1598-1605). Descendente de nobres tártaros ao servizo dos príncipes de Moscova. Favorito de Iván IV o Terrible, apartou os boiardos do poder e asumiu a rexencia do Tsar Teodor, durante a que formalizou unha tregua con Polonia e Suecia logo de anexionar as costas do golfo de Finlandia e Carelia. Ao morrer Teodor fíxose elixir Tsar. Liberou a Igrexa Ortodoxa rusa da submisión a Constantinopla e instituíu a servidume da gleba (1597). O seu fillo Teodoro II foi asasinado por Dimitri, quen ocupou o trono. A súa figura constitúe o personaxe central da obra homónima de Puskin: Borís Godunov (1826). Sobre este texto, Musorgski compuxo dúas versións da ópera homónima, revisada por Rimski-Korsakov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Khan, despois príncipe dos búlgaros (852 - 889). Ao se converter ao Cristianismo, co nome de Miguel (864), o Emperador bizantino Miguel III recoñeceulle as conquistas do S de Albania. En sucesivas ocasións tentou abandonar a tutela bizantina, pretendendo que a Igrexa búlgara fose unha Igrexa nacional, cunha dependencia nominal de Bizancio, e na que a lingua eslava fose adoptada na igrexa e no estado. No 889 retirouse a un mosteiro, do que tivo que saír no 893 para substituír o fillo primoxénito Vladimiro, inclinado ao Paganismo polo segundo fillo, Simeón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Bulgaria (969-972). Ante a invasión de Bulgaria polo príncipe de Kiev, Sviatoslav, a súa falla de autoridade impediulle opoñer resistencia. O Emperador bizantino Xoán I Tsimiscés decidiu intervir e, logo da derrota dos rusos, forzouno a abdicar e anexionou a Bulgaria occidental (972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos búlgaros. Sucedeu a seu pai Fernando I, despois da súa abdicación, no 1918. Nos principios do seu reinado tivo escaso protagonismo, pero despois da ditadura de Stambolijsky suspendeu a Constitución e impuxo un réxime autoritario. En maio de 1934 aceptou o establecemento dun goberno ditatorial. Recuperou a Dobrudja meridional de Romanía. En 1941 adheriuse ao pacto tripartito e permitiu a entrada dos alemáns no seu país, pero non declarou a guerra á URSS. Salvou a maior parte dos xudeus de Bulgaria do xenocidio. Crese que foi asasinado polos ocupantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación por inxestión de compostos de boro, caracterizada por deshidratacións, erupcións cutáneas e trastornos gástricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Minsk, Bielorrusia (150.200 h [1991]). Porto fluvial no río Berezina, ten industrias de construcións mecánicas, metalúrxicas, madeireiras e de instrumentos musicais (pianos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Borgia Familia probablemente oriúnda de Borja (Aragón), establecida en Xàtiva, que adquiriu unha grande importancia na vida política de Italia e da Igrexa romana durante os ss XV e XVI. Dous dos seus membros foron papas: Afonso de Borja (Calisto III 1456-1458) e Rodrigo de Borja (Alexandre VI, 1492-1503). O apelido Borja (a miúdo italianizado en Borgia) aparece vinculado a bastantes cardeais da época, a moitos bispos e a un santo, Francisco de Borja e Aragón, xeneral dos xesuítas. A historia dos Borja, e en especial a de Alexandre VI e a dos seus fillos, suxeriu unha copiosa bibliografía, que con frecuencia responde a intencións polémicas e xira ao redor dunha serie de acusacións que converten os Borja en tipos dunha truculencia excepcional. Cómpre buscar as orixes desta mala fama na hostilidade dos clans eclesiásticos italianos, que rexeitaban un papa estranxeiro, no odio dos señores feudais e das repúblicas ante as campañas militares de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Ecuador. Líder de Esquerda Democrática, partido de tendencia socialdemócrata que fundou en 1977, foi Presidente da República entre 1988 e 1992. En 1997 publicou Enciclopedia de la política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano, coñecida como Lucrecia Bori. Formouse en València e Roma. Debutou,   tamén en Roma, en 1908 coa ópera Carmen, e catro anos máis tarde no Metropolitan Opera House de Nova York con Manon Lescaut. Co tempo converteuse en primeira figura desta institución americana e dende 1936 pertenceu ao seu consello directivo. Tamén interpretou Der Rosenkavalier, co mesmo R. Strauss, en Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calisto III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal, duque de Valentinois. Fillo do cardeal Rodrigo de Borja, despois Papa Alexandre VI, e de dona Vannozza Catanei. Inicialmente destinado á carreira eclesiástica, por mor das influencias do seu pai obtivo diversas prebendas importantes. En 1492 Alexandre VI nomeouno arcebispo de València e, ao ano seguinte, cardeal. Á morte do seu irmán Xoán, segundo duque de Gandía, renunciou ás dignidades clericais e reintegrouse no estado secular. Xestionou a alianza de Alexandre VI con Luís XII de Francia, e recibiu deste Rei o título de duque de Valentinois e o casamento con Carlota d’Albret, irmá do Rei consorte de Navarra. Conquistou a Romaña, territorio pontificio que estaba en mans dos grandes señores. Morreu nun incidente no asedio de Viana (Navarra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e xornalista. Estudiou Humanidades na Universidad del Valle (Cali) e Fotografía no Photojournalism de Toronto (Canadá) en 1976. Traballou como fotógrafo para o xornal El Popular de Toronto, na Faulkner Color Lab e na Gamma Photo de San Francisco. Tamén nas revistas Segundamano, Stanford University Humanities Review, The San Francisco Bay Guardian e no suplemento literario Voces do xornal Horizontes, todas elas publicacións de San Francisco. Participou no filme canadense Don´t be afraid (Non lle deas importancia, 1980) como asistente de produción; na exposición colectiva Contactos, realizada no San Francisco Mission Cultural Center en 1991 e foi co-fundador da axencia fotográfica Nexo. Publicou o catálogo titulado Si somos la misma cosa, unha tradución ao español de To the Promised Land (Á terra prometida, 1989) do fotógrafo norteamericano Ken Light e, xunto con Víctor Toro, o libro Voces de Ultramar (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Modena, Ferrara e Reggio. Filla do cardeal Rodrigo de Borja, despois Papa Alexandre VI, e de dona Vannozza Cattanei. Ao converterse en Pontífice, o seu pai pensou en utilizar a Lucrecia como instrumento da política vaticana e, na necesidade de reforzar a súa alianza coa familia Sforza, fixo que casara (1493) con Giovanni Sforza, señor de Pesaro. Posteriormente, volveu casar en dúas ocasións. Durante a súa vida na corte de Roma, conseguiu unha vida social sen precedentes: administraba o estado do Vaticano en ausencia do Papa (1500). O seu nome apareceu sempre ligado a episodios sinistros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alexandre VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo sueco. Escribiu dramas históricos de influencia shakespeariana como Erik den Fjortonde (Enrique XIV, 1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano dramática suíza. Debutou en Lucerna en 1940. Destacou en papeis wagnerianos e en Elektra de R. Strauss.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Sáhara, no Chad, situada ao S do Tibesti. Forma unha chaira de pedra dunha altitude media de 200-300 m, con grandes oasis. Os principais recursos económicos son a gandería (camélidos, cápridos e óvidos) e a agricultura dos oasis. A localidade máis importante é Faya-Largeau. Antigamente era un estado vasalo do Wadai; en 1899 foi cedido a Francia polo tratado anglo-francés, aínda que as tropas francesas non o ocuparon ata 1907.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura do Chad (600.350 km2; 73.185 h [1993]). A capital é Faya-Largeau (5.200 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do mar do Norte (36 km2), dependente administrativamente do land da Baixa Saxonia, Alemaña. Pertence ás illas Frisonas e está situada diante da desembocadura do Ems.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ornamento composto por un botón do que penden moitos fíos ao xeito dunha campá. Emprégase como adorno nos uniformes militares, nas gaitas, nas cortinas, etc.

    2. Insignia dos licenciados, graduados ou doutores no ámbito das universidades.

    3. Herba do xénero Jasione, da familia das campanuláceas, de follas oblongas, de pequenas flores azuis con cinco estames, dous estigmas e corola de cinco lóbulos, dispostas en capítulos apertados. En Galicia están presentes: J. crispa subsp sessiliflora, no sueste; J. crispa subsp maritima, nos areais litorais; J. laevis subsp carpetana, nos sistemas de montaña orientais; e J. montana, en prados e ambientes secos de todo o país.

    VER O DETALLE DO TERMO