"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desarticular ou desarticularse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso biolóxico de degradación das substancias asimiladas. Efectúase mediante unha serie de reaccións catabólicas con liberación de enerxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que determina a perda do carácter, normalmente aspirado, dunha articulación nunhas circunstancias determinables. Por exemplo, en grego unha consoante aspirada sofre unha desaspiración cando vai seguida na palabra doutra consoante aspirada que non lle é contigua.
-
-
Falta de atención.
-
Falta de consideración ou amabilidade cara a alguén que o merece.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto do formalismo ruso que debe a súa primeira manifestación a V. Sklövski, quen sostiña que a linguaxe poética xorde da vontade de contrarrestar a automatización da linguaxe común. No uso ordinario, as palabras son instrumentos de referencia para nomear os obxectos e non interesan como tales palabras. Isto implica que a lingua se automatice porque a relación signo-realidade se converte en habitual e, polo tanto, réstase importancia ao discurso en si, que se converte en algo recoñecible, esperado, por estar ligado de forma rutinaria á realidade que representa. Posteriormente, o concepto ampliouse a través das contribucións de I. Tinianov e J. Mukarovski, que o empregaron para explicar a historia literaria. Sinalaron que o valor estético dos artificios verbais non é inmutable, senón que co uso acaba perdendo o seu carácter de novidade e, polo tanto, a súa efectividade, de xeito que consideran a evolución da arte como resultado da busca de novas formas que desautomaticen as que xa están...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desautorizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empobrecemento dun solo por perda de catións do complexo de absorción, a consecuencia do lavado que levan a cabo augas lixeiramente acidificadas.
-
-
Acción e efecto de descafeinar.
-
Operación á que se someten os grans de café para eliminarlles a cafeína e suprimir as posibles accións fisiolóxicas non convenientes, sen que cambien as súas características organolépticas. O proceso consiste en extraer a cafeína con auga quente a 93°C, e despois separala con disolventes orgánicos co fin de que estes non estean en contacto co café. A cafeína extraída utilízase na industria farmacéutica.
-
-
-
Forma de erosión que consiste na desaparición do carbonato cálcico das rochas calcarias. É o proceso fundamental da formación do relevo cárstico.
-
Diminución do calcio dos ósos ou doutros tecidos.
-
Eliminación do calcio presente no complexo de absorción do solo.
-
Eliminación, nunha auga dura, dos catións Ca 2+ e Mg 2+ , transformándoa en auga branda; normalmente este proceso faise con resinas de intercambio iónico.
-
Acción de disolver a calcificación de certos vexetais para o seu estudio.
-
-
-
Acción e efecto de descualificar.
-
Sanción disciplinaria que se aplica contra un participante nunha competición (deportista ou equipo) e que implica a súa retirada da mesma, decretada polos árbitros ou xuíces como castigo pola comisión dunha falta grave contra a regulamentación ou pola acumulación de amoestacións por infraccións reiteradas. Nos deportes individuais, unha descualificación implica, na maior parte dos casos, a eliminación da clasificación final dos rexistros obtidos ata ese momento polo descualificado. Nos deportes colectivos pódese descualificar un membro dun equipo e impedir que continúe participando no xogo, aínda que iso non sempre implica que os rexistros acadados ata aquel momento polo descualificado a prol do seu equipo se desboten. Nalgúns deportes colectivos, a descualificación dun xogador obriga o seu equipo a participar a partir de entón cun membro menos ata o remate da proba (por exemplo no fútbol); noutros existe a posibilidade de recuperar o número inicial de xogadores, pero nunca o xogador descualificado,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de descapitalizar ou descapitalizarse.
-
-
Acción de descarbonatar.
-
Operación de descarbonatar a auga de alimentación das caldeiras de vapor ou dos procesos químicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de descarbonizar.
-
-
Reacción de eliminación dunha ou varias moléculas de dióxido de carbono dun composto orgánico, polo xeral un ácido carboxílico.
-
Reacción enzimática na que se elimina dióxido de carbono mentres se produce simultaneamente unha deshidroxenación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento que reduce a cantidade de carbono dun produto metalúrxico. A fabricación de aceiro comporta unha descarburación do ferro coado procedente dos altos fornos. Nos procedementos Bessemer e Thomas a descarburación prodúcese por unha forte corrente de aire que atravesa o ferro en estado líquido. No procedemento Martin-Siemens o ferro descarbúrase grazas á adición de metal oxidado. O proceso de maleabilización do ferro coado tamén é unha descarburación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Política de descentralización e desintegración das grandes concentracións industriais (cártel, Konzern) imposta en Alemaña ao rematar a Segunda Guerra Mundial. Os principios nos que se baseaba establéceronse nos acordos da Conferencia de Postdam (1945). A descartelización aplicouse con moita dureza na Alemaña oriental, mentres que na Alemaña occidental levouse a cabo con gran lentitude. Non obstante , a partir dos anos sesenta a maioría das concentracións industriais desintegradas volvéronse agrupar e adquiriron un novo pulo.
-
-
Acción e efecto de descentralizar.
-
Técnica administrativa que consiste en transferir parte das competencias da administración do Estado a entidades con personalidade pública de ámbito territorial restrinxido ou de certa especialización funcional. Este proceso descentralizador permite manter o control político central e dá unha autonomía total en determinados ámbitos da xestión administrativa. En España, a construción do Estado das autonomías deseñado na Constitución de 1978 supuxo o inicio dun proceso de descentralización sen precedentes, que culminou co establecemento de 19 comunidades e cidades autónomas dotadas de amplas competencias en materias como sanidade, ensino, traballo, economía, xustiza, etc. Sumadas ás das corporacións locais (concellos, deputacións provinciais e cabidos insulares), ofrecen o panorama xeral dunha administración moi descentralizada.
-
Programa de política teatral que ten como obxectivo a promoción da difusión teatral entre toda a cidadanía, sobre todo a través da creación de unidades de realización e exhibición nas vilas e cidades que integran o territorio dun Estado ou dunha nación. Entre os proxectos de descentralización teatral máis salientables hai que destacar o que tivo lugar en Francia a partir de 1959 que xa tiña antecedentes nas propostas desenvolvidas entre 1939 e 1954, e grazas ao que se crearon centros dramáticos e casas de cultura nas cidades e vilas máis importantes da República Francesa, de xeito que a cidadanía non só puidese gozar do teatro en tanto que servicio público, senón que puidese participar activamente na súa práctica. A influencia deste movemento na mellora xeral das artes escénicas, na promoción dunha escrita dramática francesa de calidade, e na creación e consolidación de públicos, foi decisiva, e as súas raíces hai que buscalas nas experiencias de Firmin Gemier e o seu teatro ambulante,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de descerebrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desclasificar.
-
-
Acción e efecto de descodificar.
-
Identificación e interpretación dos signos por parte do receptor da mensaxe emitida. É un dos elementos do proceso de comunicación.
-