descartelización

descartelización

(

s f [HIST/ECON]

Política de descentralización e desintegración das grandes concentracións industriais (cártel, Konzern) imposta en Alemaña ao rematar a Segunda Guerra Mundial. Os principios nos que se baseaba establéceronse nos acordos da Conferencia de Postdam (1945). A descartelización aplicouse con moita dureza na Alemaña oriental, mentres que na Alemaña occidental levouse a cabo con gran lentitude. Non obstante , a partir dos anos sesenta a maioría das concentracións industriais desintegradas volvéronse agrupar e adquiriron un novo pulo.