Descartes, óvalo de
Descartes, óvalo de
[MAT]
Curva plana que, en coordenadas bipolares, ten a expresión ar + br’ = c, na que a, b e c son reais, que satisfán a≠0 e b≠0, e r e r’ son as coordenadas bipolares. A elipse e a circunferencia son casos particulares desta.