"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
PERSOEIRO
Escritor finlandés. Coñecido como Eino Leino, contribuíu como poeta lírico ao triunfo do neorromanticismo sobre o realismo. Publicou Helkavirsiä (Cantos Helka, 1903-1906), escolma de baladas e lendas populares, e Bellerophon (A arpa do vento, 1919). Como dramaturgo intentou revivir o teatro finlandés con pezas como Lalli (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Coñecido como Armando Guerra, formouse (1968-1973) en València e Barcelona, onde tomou contacto co formalismo catalán. Regresou a Vigo e deuse a coñecer nas exposicións ao aire libre da praza da Princesa. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade e desde 1980 vinculouse ao colectivo artístico Atlántica. Desenvolveu o seu estilo neoabstracto na década de 1970 e a súa pintura considerouse unha sinopse entre as vertentes intimistas do expresionismo abstracto americano, o cubismo sintético e certas influencias de Bacon. Realizou as súas composicións (Abstracción, 1991), de textura fina, a partir de liñas trazadas en diferentes direccións, marcando a sensación de ritmo e manchas de cor de tons suaves (ocres, rosas e violetas). Da súa obra destacan Formas (1974), A cama (1978) ou a serie Vieiros (1981), da que formaron parte obras como Opostos. Como gravador, tiveron especial importancia os seus traballos en augaforte e augatinta. Parte da súa colección figura no...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestra e escritora. É autora de Cantares (1983), unha achega á poesía infantil. Escribiu tamén a peza breve, O muíño baleiro (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Institucionista, filla de Xosé Pascual López Cortón. Preocupada polos temas pedagóxicos, educativos e sociais, especialmente relativos á educación da muller, estivo ligada á Institución Libre de Enseñanza (ILE). Nesta liña publicou varios artigos no Boletín de la Institución Libre de Enseñanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formulación matemática que, na teoría da relatividade, dá a correspondencia entre as coordenadas x, y, z, t dun sistema de referencia inercial s e as coordenadas x’, y’, z’, t’ doutro sistema S’ que se move cunha velocidade v rectilínea e uniforme respecto ao primeiro e ao longo do eixe x. Se nestas relacións se consideran velocidades v moi inferiores á da luz, obtéñense as fórmulas de transformación de Galileo da mecánica clásica (principio da relatividade de Galileo). Na transformación dun segmento, canto máis grande é a velocidade v do sistema móbil S’ respecto ao s, máis pequeno se ve o segmento no sistema móbil. Este fenómeno denomínase contracción de Lorentz-FitzGerald.
-
-
Relativo ou pertencente aos lorisiformes.
-
Primate da infraorde dos lorisiformes.
-
Infraorde de primates prosimios, que comprende unha soa familia, a dos lorísidos.
-
-
GALICIA
Economista. Especialista en Historia Empresarial, Demografía e Economía da Poboación, foi membro da directiva do Arquivo da Emigración Galega e membro da Comisión Ejecutiva Nacional do PSdeG-PSOE (2000). Colaborador en numerosas publicacións e co-editor de Galicia-América. Unha contribución bibliográfica (1992) e de Base bibliográfica da emigración galega (1997), escribiu As relacións económicas entre Galicia e os países de destino da emigración (1995) e Cuba. Población y economía entre la independencia y la revolución (1999). Editou a revista Estudios Migratorios (1995-1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de loto. O termo empregouse especialmente na arte exipcia para designar os capiteis que presentaban unha forma semellante á desa planta, como unha campá invertida.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Propúxose establecer unha filosofía que combinase a tradición idealista alemá cunha sólida visión das ciencias da natureza. Foi o autor dos tratados Metaphysik (1841) e Logik (1843), correspondentes aos dous volumes do System der Philosophie (1874-1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en tres actos de Gaetano Donizetti, con libreto de Salvatore Cammarano, inspirada na novela de Walter Scott A noiva de Lammermoor (1819) e estreada no Teatro San Carlo de Nápoles en 1835.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baños públicos situados en Lugo. Construíronse entre os ss I e II, e se catalogaron dentro dos edificios termais menores, situados en pequenas poboacións ou campamentos militares, que carecen da magnificencia das grandes termas. Consérvanse os restos do apoditerium ou vestiario, constituído por dúas salas colindantes cun vestíbulo común, realizadas en cachotería de lousa e cubertas cunha bóveda de canón corrido. O caldarium ou sala de baños quentes conserva o acceso a través dun arco de medio punto. Tamén se conservan algúns elementos externos pero vinculados ao edificio como un pozo de agua quente, duns 2,5 metros de altura, feito en cantería de xisto e un muro de contención cara ao Miño. Foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? 804? - Frankfurt 876) Rei dos francos da marca oriental e de Baviera (817-843) e de Xermania (843-876), fillo de Ludovico Pío. Aliouse co seu irmán Carlos o Calvo, para loitar contra o outro irmán, Lotario I, a quen derrotaron en 841. Polo Tratado de Verdun definiuse a división do Imperio e gobernou Xermania. As revoltas dos seus fillos obrigárono a dividir o territorio en ducados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona gonadotrópica sintetizada e segregada polo lóbulo anterior da hipófise que favorece a maduración do folículo, a ovulación, o desenvolvemento do corpo lúteo ou amarelo e a secreción de estróxenos e de proxesterona polo ovario. A hormona equivalente no home estimula a secreción de testosterona por parte das células intersticiais do testículo ou células de Leydig.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade infecciosa causada pola espiroqueta Borrelia burgdorferi e transmitida polas carrachas do xénero Ixodes. Afecta á pel e propágase cara ás articulacións e o sistema nervioso, e pode afectar a outros órganos en etapas máis avanzadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Christopher Murray Grieve.
-
PERSOEIRO
Químico. Naturalizado estadounidense, especializouse no campo dos polímeros condutores. É autor de numerosos artigos de investigación e ten concedidas varias patentes. En 2001 foille otorgada a medalla Rutherford e en 2000 recibiu, xunto con Hideki Shirakawa e Alan Heeger, o Premio Nobel de Química polo descubrimento e desenvolvemento dos polímeros condutores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula que dá o desenvolvemento en serie de Taylor no punto x = 0 dunha función f(x), real ou complexa, derivable ata a orde n + 1.
-
VER O DETALLE DO TERMO
macrocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que necesita unha temperatura media moi elevada para sobrevivir.
-
-
Relativo ou pertencente aos macruriformes.
-
Peixe da antiga orde dos macruriformes.
-
Antiga orde de peixes da clase dos osteíctios, actualmente incluídos na orde dos gadiformes. Constitúen un pequeno grupo de formas abisais, denominadas en xeral peixes rata.
-