"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Aplícase ao instrumento co que se efectúa a autorredución. O máis coñecido é o taquímetro autorredutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgúns procesos estocásticos pola que o estado do proceso nun instante determinado depende linealmente dun certo número de estados anteriores e mais un termo aleatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Proceso con regulación propia.

      2. Reflexo con reacción compensatoria.

    1. Propiedade dun proceso ou dunha máquina que, despois dunha perturbación, consegue obter outra vez o equilibrio sen a intervención dun regulador.

    2. Proceso no que un ovo haploide adquire a diploidia ao dobrar o seu xenoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se autorregula.

    2. Dise do sistema, natural ou artificial, que produce autorregulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de relaxación que se pode acadar individualmente sen axudas externas directas. As técnicas máis empregadas son a de Jacobson e a de Schulz. A técnica de Schulz coñécese tamén como autorrelaxación concentrativa ou adestramento autóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Duplicación sincrónica das estruturas celulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retrato de alguén feito por el mesmo. Malia que xa se atopan mostras na Idade Media, os trazos fisionómicos están aínda pouco individualizados e o artista represéntase traballando. A grande época do autorretrato comezou no Renacemento grazas ao sentido de autovaloración do artista. Anthonis Moor adoptou a actitude, moi repetida posteriormente, de representarse pintando diante do cabalete. É un dos xéneros máis tratados polos artistas de todos os tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Control en diversos aparellos electrónicos e informáticos que permite volver a un punto anterior nunha gravación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade rítmica espontánea que presentan as neuronas corticais illadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rotación dunha á que se produce cando o ángulo de perda é inferior ao ángulo de ataque efectivo (formado pola corda dun perfil de á e a proxección da velocidade absoluta desta sobre o plano do perfil).

    2. Rotación continuada, ao redor do seu eixe, dun rotor sometido unicamente a forzas aerodinámicas. A disposición axeitada das pas do rotor permite conseguir que a forza resultante que actúa sobre cada unha delas teña a mesma dirección do eixe de rotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consecuencia dun feito que dá satisfacción á propia persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alucinación na que se percibe a imaxe do propio corpo. Acompáñase dunha sensación angustiosa de desdobramento da personalidade e obsérvase cunha certa frecuencia na histeria e nos estados de confusión mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de xenotipos diferentes na apogamia por causa da segregación xenética da primeira meiose, sexa por herdanza independente, sexa por entrecruzamento. É un caso de apomixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento polo que unha empresa asegura os propios riscos, mediante a constitución dunhas reservas que lle permiten atender os posibles eventuais sinistros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a aquela palabra na que o seu aspecto semántico predomina sobre o sintáctico ou funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento dedicado principalmente ao comercio de alimentos ou á restauración. O autoservicio de produtos alimenticios recibe o nome de supermercado cando sobrepasa os 300 m 2 . Nos autoservicios os produtos dispóñense ordenadamente ao longo de corredores nos que o consumidor atopa o que precisa, co prezo correspondente, sen ter que esperar a ser despachado polo tendeiro. Aqueles que se dedican ao servizo de comidas acostuman estar montados en liña -aínda que tamén poden facelo en illas-, comezando polos cubertos, a vaixela, a cristalería, as bandexas e unha serie de vitrinas onde se colocan os alimentos e as bebidas. Diante do mostrador e a unha altura axeitada, hai unha repisa sobre a que se colocan a propia bandexa para ila escorregando ata chegar á caixa, situada ao final do percorrido, onde o consumidor debe pagar o importe total daquilo que escolleu para consumir.

    2. Sistema polo que os clientes dun establecemento de autoservicio se serven eles mesmos e pagan ao saír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autoencaixador que obtén o sincronismo entre dous xeradores ou dous sistemas de corrente alterna que traballan co mesmo potencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de cromosomas bivalentes na meiose por emparellamento de homólogos. Acostuma producirse nos individuos alopoliploides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromosoma que non determina o sexo do individuo, a diferenza do heterocromosoma ou cromosoma sexual, e polo tanto igual, en forma e número, tanto en machos como en femias. Na especie humana son os cromosomas do 1 ao 22.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao autosoma.

    2. Dise do xen, alelo ou carácter localizado nun autosoma.

    3. Enfermidade na que a súa transmisión está determinada por un xen ou alelo localizado nun dos autosomas. Pode ser autosómica recesiva, cando o xen ou alelo implicado precisa unha dobre presenza para poder expresarse, ou autosómica dominante, cando o xen ou alelo implicado necesita unha soa copia para a súa expresión.

    VER O DETALLE DO TERMO