"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Trasliste, Bande e Vilaleo (Láncara). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido que se utiliza na confección de manteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    (Ferrol 1945) Actor, director e animador teatral. Diplomado pola Escola D Expresió de Barcelona, iniciou a súa traxectoria (1975) no movemento de teatro escolar potenciado desde as Universidades Laborais, para despois integrarse en Teatro Circo, grupo co que participou no espectáculo Os vellos non deben namorarse (1977). Foi un dos fundadores da Escola Dramática Galega e, durante o tempo que presidiu a entidade (1981-1985), potenciou un proceso de descentralización que levou á constitución, despois fallida,   dunha sección da Escola en Vigo. Da experiencia naceu a compañía profesional Teatro de Ningures, na que colaborou. No eido do teatro escolar potenciou a creación de grupos como Kalandraka. Desde 1981 promoveu a edición do Boletín de Información Teatral, que se converteu posteriormente na Revista Galega de Teatro. Ten publicado diversas colaboracións sobre o feito teatral e traballos de carácter pedagóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lamarckista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Coñecido como Leandro, foi colaborador das revistas Aturuxo e O Badueiro, e editou diversos cómics no semanario XO! Ademais da súa actividade como profesor de debuxo, realizou as ilustracións do libro História da Galiza em banda desenhada (1995), de Gonçalo Grandal Crespo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Relacionado con diversos intelectuais lugueses, como Ánxel Fole, participou na edición das revistas Guión e Yunque. No eido político organizou Acción Republicana, foi secretario de Izquierda Republicana e alcalde de Lugo (1936). Co estalido da Guerra Civil ingresou no cárcere e á súa saída foi profesor do Instituto Cajal (1947-1948), da facultade de Medicina (1956-1959) e da Escuela de Terapia Ocupacional. Colaborador en distintos medios de comunicación, é autor dos traballos El medio ambiente en el hospital de hoy e El médico ante la frontera de la muerte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boqueixón. Construída na segunda metade do s XVIII, ten planta de cruz latina cunha soa nave, con tribuna aos pés e cuberta cunha bóveda de canón de dous tramos. O cruceiro cóbrese cunha cúpula sobre pendentes e os brazos transversais con bóveda de canón. A cabeceira é plana e cóbrese cunha bóveda de aresta. No interior consérvanse pinturas ao fresco do s XIX. A fachada principal é sobria e nela destaca a torre campanario formada por un primeiro corpo macizo de planta cadrada sobre a que se sitúa o corpo das campás, de planta rectangular e con pináculos nas esquinas. O conxunto remata cunha pequena lanterna octogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Leiro. Construída no s XII en estilo románico, pertenceu ao mosteiro de Santa María de Aciveiro. Ten planta de nave única e ábsida rectangular con arco de triunfo semicircular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Zas. Ten planta de nave única e ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de crucería de estilo gótico do s XVI. A nave é barroca do s XVIII e o arco triunfal é apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. En 1973 participou na mostra de pintura ao aire libre da praza da Princesa en Vigo e ao ano seguinte presentou a súa primeira exposición individual. En 1980 integrouse en Atlántica. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do concello de Lalín (1976-1978) e do ministerio de Cultura (1980-1981). A súa obra evolucionou dunha figuración expresionista, con personaxes nacidos da tradición galega, a un informalismo que se caracteriza polos grandes espacios negros e pola estrutura xeométrica no que se interesou pola superficie e a textura pictórica e nas que desapareceu toda referencia á figuración para acadar o protagonismo a materia. Desde os seus inicios utilizou como soporte distintos materiais como o cartón, as táboas, as caixas de madeira ou materiais de refugallo. Destacan, entre outras, as series Letanías (1988-1991), Gracias vagabundas (1992-1993), Eidos de Rosalía (1996-1997) e Milonga (2001). Participou en diversas convocatorias de ARCO...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático. Fixo unha exposición de novas técnicas para medir a intensidade da luz, expuxo o concepto de cero absoluto, e insinuou a posibilidade de xeometrías non euclidianas. Estableceu a fórmula que leva o seu nome sobre as radiacións luminosas e estudiou os cometas. É un precursor do criticismo kantiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dúas constantes (ë e ì) que serve para definir as propiedades elásticas dun corpo homoxéneo e isótropo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrado. Bacharel en Artes e Teoloxía, foi profesor suplente das cátedras de Teoloxía, Matemáticas e Física en Santiago de Compostela. Exerceu como mestre na Escola Eclesial compostelá de San Filipe Neri, informador do Santo Oficio durante o sexenio absolutista e párroco das parroquias de San Xoán Bautista, San Fructuoso e Santa Susana (1812-1831). En 1789 creou en Santiago de Compostela unha pupilaxe para nenos distinguidos. Escribiu Plan y Método de Educación (1799).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi cofundador do grupo Nome, co que realizou diversas exposicións. Colaborou como ilustrador en Xofre: historieta galega (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi xefe do servizo de cardioloxía, endocrinoloxía e nutrición da Casa Salud Valdecilla e director da Escuela de Enfermería de Valdecilla (Santander) durante 25 anos. Foi un dos fundadores da Sociedad Española de Cardiología. Publicou Trastornos vasculares periféricos (1950) e Cardiopatías congénitas (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten branquias lameliformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lamelibranquios.

    2. Molusco da subclase dos lamelibranquios.

    3. Subclase de moluscos, da clase dos bivalvos, que presenta a cuncha constituída por dúas valvas, sen cabeza, con pé en forma de machada e branquias de aspecto laminar. O corpo, de simetría bilateral e comprimido lateralmente, está recuberto por un manto que presenta dous lóbulos laterais, que, aplicados á parede interna das valvas, delimitan a cavidade palial. Estes lóbulos, soldados polos bordos, deixan tres buracos: por un sae o pé, e polos outros dous entra e sae a auga na cavidade palial. Estes dous últimos buracos poden prolongarse en dous tubos de lonxitude variable, os sifóns. A auga, ao entrar na cavidade palial, facilita o osíxeno e os alimentos ao animal e, ao saír, expulsa o dióxido de carbono, os excrementos e as partículas residuais respiratorias. A cuncha, coa cara interna de nácara, presenta dúas valvas que se articulan dorsalmente mediante unha charneira e un ligamento elástico. O pé, en forma de machada, falta nos moluscos sedentarios, pero está moi desenvolvido nos escavadores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘coello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (12.534 km2; 779.215 h [2000]). A capital é Lampang (147.812 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de pel que colga despois de facerse un corte.

    VER O DETALLE DO TERMO