"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Foi o construtor do primeiro automóbil feito en Reino Unido, impulsor da investigación aeronáutica inglesa e creador dunha importante empresa automobilística.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fábrica e marca italiana de automóbiles fundada en 1908 polo corredor automobilista Vicenzo Lancia. En 1922 introduciu dúas melloras técnicas fundamentais no desenvolvemento do automóbil: unha carrocería que soportaba carga e a suspensión dianteira independente. Dedicada principalmente á fabricación de automóbiles de gran turismo, incrementou e diversificou a produción con camións, autocares e tractores agrícolas. En 1972 foi adquirida por FIAT.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filóloga italiana. Catedrática de Lingua e Literatura Portuguesa na Università di Roma Tre, no eido da literatura galego-portuguesa medieval publicou edicións críticas dos trobadores Fernan Velho e Airas Veaz, analizou as características da tenzón e da sátira e editou algúns textos de finais do s XIII presentes nos cancioneiros medievais. Tamén estudiou a literatura portuguesa dos ss XVI e XVII e a obra de poetas e narradores contemporáneos e traballou tamén na investigación da literatura portuguesa de viaxes e na elaboración metodolóxica dos problemas relativos á tradución literaria. Publicou varias traducións de escritores portugueses, brasileiros, galegos e cataláns e promoveu a difusión en Italia, a través do Premio Tivoli-Europa, dalgúns dos novos poetas galegos. Dirixiu o Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa (1993, en colaboración con G. Tavani), a Grammatica portoghese (1993) e As cantigas de escarnio (1995). A Universidade Nova de Lisboa outorgoulle o título de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia do convento Astur. Os estudios sitúan a súa capital, Lancia, a carón do pobo de Villasabariego. Constituíron un importante núcleo de resistencia á invasión romana, especialmente durante as Guerras Cántabras. O seu territorio estendeuse pola rexión oriental da provincia de León.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha dor viva e moi intensa, como se fose producida por un obxecto punzante.
-
PERSOEIRO
Pintor. Imitador de J. A. Watteau, fixo series sobre temas galantes e escenas da vida cotiá, como La leçon de musique.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade artística despregada fóra do ámbito das galerías de arte e de calquera área habitada, é dicir, en plena natureza. Deste xeito, a paisaxe deixa de configurar o contorno da obra de arte para converterse en obra artística. Foi practicada por membros do movemento conceptual estadounidense, como Christo, B. Flanagan, R. Smithson e D. Oppenheim, durante a década de 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo das Nacións Unidas integrado polos organismos internacionais Biosfera, Xeosfera e Sobre Dimensións Humanas do Cambio Ambiental. A sede está en Barcelona. Dedícase ao estudo da relación entre o uso do territorio e o cambio global, entre o sostemento e o uso do territorio, e entre o uso do territorio, bioxeoquímica e o clima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa de primeira orde de Alemaña e de Austria. En Alemaña, segundo a Constitución de 1949, os länder (15, ademais da capital federal, Berlín) son estados confederados que dispoñen dos seus propios órganos lexislativos e executivos. Pola súa banda, os 9 länder de Austria son, conforme á Constitución de 1920, estados federados (denomínanse oficialmente bundesland) dotados dunha autonomía moi ampla que inclúe tamén gobernos e parlamentos de seu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal de matogueira que se desenvolve de xeito espontáneo sobre solos ácidos sometidos a climas húmidos en substitución do bosque climácico degradado pola actividade antrópica. As ericáceas e as fabáceas son as familias ás que pertencen as especies (breixo e toxo, fundamentalmente) que integran este tipo de formación, que ocupa unha gran parte do territorio galego. Pola súa presenza predominante na paisaxe do arco atlántico europeo adoita denominarse landa atlántica.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Foi moi popular grazas aos personaxes de comedia que interpretou en numerosos filmes. Destacan El verdugo (1963), de L. G. Berlanga, No somos de piedra (1967), de M. Summers, No desearás al vecino del 5º (1970), de R. Fernández, Las verdes praderas (1979) e El crack (1981), ambos os dous de J. L. Garci, Los santos inocentes (1983), de M. Camus, Premio de Interpretación de Cannes, Sinatra (1988), de F. Betriu, El río que nos lleva (1989), de A. del Real, e La marrana (1992), de J. L. Cuerda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico acerbaixano. Discípulo de Bohr, foi profesor nas universidades de Khàrkov e Moscova. Traballou practicamente en todos os eidos da física do s XX: atómica e nuclear, do estado sólido e do plasma, hidrodinámica, raios cósmicos, magnetismo e crioxenia. Diversos fenómenos e teorías levan o seu nome. En particular, desenvolveu a teoría que explica o comportamento superfluído do helio-3 líquido e tamén é o autor da teoría einsteniana do campo unificado. Foi denomiado o Einstein soviético. Entre as súas obras destaca Course of Theorical Physics, nove volumes escritos en colaboración de E.M. Lifshitz. Recibiu a medalla do Instituto Max Planck (1960) e diversos galardóns soviéticos, entre eles o Premio Lenin (1962). En 1962 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre ferromagnetismo, as baixas temperaturas, o helio líquido e física nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista ucraíno. Coñecido como Mark Aldanov, escribiu novelas históricas en ruso influídas sobre todo por L. N. Tolstoj. Destaca a tetraloxía Myslitel, sobre a Revolución Francesa e o primeiro imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Investigou a teoría cuántica e a estrutura atómica. En 1918 deduciu, xunto con Max Born, unha expresión para calcular teoricamente as enerxías de rede na formación dos compostos iónicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cociente entre o momento magnético dun electrón, dun nucleón ou dun átomo, expresados en magnetóns de Bohr, e o seu momento angular, expresado en constantes de Plack e dividido por 2ð.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse co seu avó, o pintor Filipe Bolaño, e traballou como policromador con Xosé Ferreiro. Destacou no dominio do debuxo. Entre as súas obras destacan as pinturas das portas da antesancristía de San Martiño Pinario, nas que representou as armas da Congregación de Valladolid e as alegorías da temperanza e a Igrexa triunfante, inspiradas en modelos italianos. Realizou tamén Xesús camiño do Calvario e Erección da cruz, situados no retablo maior da capela de San Froitoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela e na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Foi profesor na Escola de Belas Artes de Santiago de Compostela e director da de Baeza, e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá. Realizou, entre outras obras, o mausoleo de Rosalía de Castro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Comezou a súa andaina profesional en La Noche (1946-1951) e foi correspondente do diario Madrid e de La Vanguardia no estranxeiro. Ao seu regreso, exerceu como xefe de redacción, subdirector e director de Faro de Vigo (1964-1979). Colaborador da revista Grial, exerceu tamén como xefe de prensa do Tribunal Constitucional. Escribiu, ademais de diversos ensaios sobre Guimarães Rosa, Fernando Pessoa e Lima Barreto, Elucidario de Camões (1963), Dicionario del Quijote (1965), Dos devanceiros ao dezaoito (1975) e Federico García Lorca y Galicia (1986). Realizou tamén unha tradución ao galego da obra A barca do inferno (1970), de Gil Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Prado (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO