"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Piso en desuso do Paleoceno, equivalente aproximado do Tanetiano, que definiu A. Dumont en 1893 en Landen (SL de Lovaina, Bélxica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Landeniano.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento francés de Aquitania, situado en Occitania (9.242 km2; 327.334 h [1999]). A capital é Mont de Marsan (29.489 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da costa atlántica de Aquitania, Occitania, que se estende desde o esteiro do Garonne ao N ata o río Ador no S. Forma unha ampla chaira duns 14.000 km2, atravesada no NO por vales encaixados, escavados polo río Leyre e polos tributarios do Ador. A drenaxe vese dificultada pola pendente débil e a existencia dunha capa impermeable e pouco profunda, que contribúe a converter a rexión nunha ampla área pantanosa, apta só para o pasto de ovellas. A desecación e posterior plantación de piñeiros durante o s XIX cambiou o aspecto e a economía da rexión, orientada na explotación forestal e cara ás industrias transformadoras da madeira. Ten explotacións de lignito en Arjuzanx e extraccións petrolíferas en Parentis-en-Born. Tamén posúe estacións termais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cargo ou título do Sacro Imperio. Desde o s XII era o funcionario que estaba á cabeza dunha demarcación territorial. Foi instituído polos señores de Alsacia, Hesse e Turinxia e desde a territorialización dos cargos no s XIII foron os xefes dun landgraviato ou reforzaron o poder imperial ao lado dos duques.
-
Maxistrado que exercía a xustiza en nome do emperador xermánico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao landgrave ou ao landgraviato.
-
-
Dignidade dun landgrave.
-
Territorio da xurisdición do landgrave. Recibiron este nome gran parte dos territorios do Sacro Imperio en que non había ducados. Case todos os landgraviatos acadaron categorías superiores (ducado, electorado). O derradeiro landgraviato soberano foi o de Hessen-Homburg, que durou ata 1866.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller ou filla do landgrave.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi autor de diversos madrigais, arias, misas, salmos a diferentes voces e diversas obras escénicas, como Il Sant’Alessio (1634).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e militar. Foi doutor en dereito pola Universidad de Madrid (1974), ingresou no corpo xurídico da Armada e foi coronel auditor (1966). Foi secretario e vogal do Tribunal de Defensa da Competencia, dirixiu o semanario Litoral (1954-1955) e foi subdirector da Revista General de Marina. Escribiu Vida y viajes de Pedro Sarmiento de Gamboa (1945), Manual de Derecho Penal y Procedimientos Militares (1947) e Mourelle de la Rúa, explorador del Pacífico (1971). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Colaborador de Faro de Vigo e ABC, foi director da revista Litoral, delegado provincial do ministerio de Información e Turismo e gobernador civil de Araba (1976). Escribiu Pontevedra de aquélla (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid, en 1972 incorporouse ao Plan de Explotación Marisqueira de Galicia, onde traballou como asesor das confrarías de pescadores e investigador. En 1976 foi nomeado encargado da ría de Pontevedra, cargo en que continuou as súas investigacións sobre moluscos bivalvos. En 1980 foi nomeado director do Centro Experimental de Vilaxoán e en 1981 xefe do departamento de Crustáceos. En 1994 asumiu a delegación territorial en Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia e en 1995 tomou posesión como director xeral de Marisqueo e Acuicultura. En decembro de 1997 pasou a ser conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, cargo onde permaneceu ata setembro de 2001, cando presentou a súa dimisión para dirixir o Centro Tecnológico del Mar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Director de El Escolar (1891) e fundador e director das revistas Pontevedra en Broma e El Impertinente, dirixiu o Diario de Pontevedra á morte do seu pai, Andrés Landín (1910). Foi, ademais, director da Escola Normal de Pontevedra e dirixente do Directorio antiforista de Teis. Publicou a crónica local De mi viejo carnet (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Impresor e xornalista. Comezou a súa andaina profesional no periódico La República Federal (1868). Propietario e director do Diario de Pontevedra (1887-1910), foi tamén concelleiro liberal en Pontevedra. Dono dunha destacada imprenta pontevedresa, nos seus obradoiros editou diversas publicacións periódicas, como La República (1872-1874), La Luz (1874-1886) e a revista Extracto de Literatura (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista italiano. Escribiu entre outras pezas, 140 baladas e unha ducia de madrigais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano. Conselleiro da facción güelfa e escribán na Signoria, foi un neoplatónico convencido. Escribiu, entre outras obras, Disputations camaldulenses (1480?), poemas en latín, opúsculos e diálogos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza popular austríaca do s XVIII. Semellante a un vals lento, considérase o antecedente deste. Mozart, Hadyn, Beethoven e Shubert escribiron diversas series de ländler.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carruaxe descuberta, de catro rodas e dous asentos transversais e enfrontados, tirado xeralmente por dous cabalos. Detrás de cada asento ía colocada unha capota pregable.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Humanista, escribiu unha invectiva e unha apoloxía de Cicerón, algunhas novelas e uns diálogos, titulados Fortianae quaestiones (1535), en defensa das mulleres.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte dun terreo que se deixa sen arar por facer límite con outro.
-
Parte dun terreo, separada do resto, co que forma un todo.
-