"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
farrapeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar en que se almacenan cousas usadas, trapos ou roupa vella.
-
-
Anaco de tea roto, sucio e moi gastado.
-
Peza de roupa vella, sucia e moi esfiañada.
-
Cada un dos anacos pequenos en que cae a neve.
-
Flocos que colgan e adornan o roncón e o fol da gaita.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1496-1503). Aliouse cos turcos ante a ameaza dunha invasión por parte da alianza formada por Venecia, o papado e Luís XII de Francia e perdeu o reino ante o rei de Francia e Fernando o Católico. Fuxiu a Ischia (1501) e despois a Francia, onde lle concederon o ducado de Anjou a cambio de renunciar á Coroa de Nápoles, que pasou ao Reino de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quinto libro do Novo Testamento. Escrito por Lucas, compañeiro de Paulo, como continuación do terceiro Evanxeo. Conta con dúas grandes partes, a primeira delas está dedicada ao apóstolo Pedro e a segunda a Paulo. Foi redactado contra o ano 60.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo nemotécnico que os escolásticos utilizaron para definir un siloxismo da terceira figura, no que a maior é universal negativa (representada polo e), a menor, universal afirmativa (a) e a conclusión, particular negativa (o). O f fai referencia a que se reduce ao modo da primeira figura, ferio; e o p a que esta redución se debe facer convertendo a menor per accidens.
-
PERSOEIRO
Escultor. Reaccionou contra o idealismo dos primeiros novecentistas. As súas primeiras obras foron pequenas figuras femininas de terracota. Realizou figuras caracterizadas polo seu acabado rugoso. Instalado en París en 1939, a súa obra volveuse máis expresiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Fiel á causa isabelina, participou na Guerra de Granada, onde, ademais de destacar como soldado no sitio de Tájara e na conquista de Illora (1486), encabezou as negociacións para a rendición do monarca nazarí (1492). Como pago polos seus servicios, os Reis Católicos nomeárono encomendeiro da orde de Santiago e señor de Órgiva, e cedéronlle as rendas sobre a produción da seda granadina. En 1497 foi enviado a Italia, onde se enfrontou aos exércitos franceses que invadiran o Reino de Nápoles. En 1500 volveu a Italia para levar á práctica os acordos da repartición do Reino de Nápoles asinados no Tratado de Chambord-Granada. Tralas derrotas das tropas francesas en Cerignola (1503) e Gaeta (1504), consolidou o dominio aragonés en Nápoles e obtivo o título de vicerrei do Reino de Nápoles (1505-1507). Introduciu unha nova concepción militar baseada na reorganización da infantería en coronelías e no emprego táctico da artillería.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Diplomado polo Instituto Internacional de Empresas da Universidad de Deusto, desempeñou a súa actividade no sector marítimo, conserveiro e turístico. Foi presidente de diversas entidades, entre outras, Asociación de Navieros Españoles (ANAVE) (1978-1985), Confederación Empresarial Independiente de Madrid (CEIM) (desde 1985); e desde 1986 vicepresidente da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE). Preside o grupo de empresas que encabeza Naviera F. Tapias, as empresas conserveiras Conservas Peña e Conservas Portonovo, así como Viajes Sandras, Maniber e Bureau Veritas España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1458-1494) e duque de Calabria (1443-1494), fillo natural de Afonso V de Aragón. A súa investidura como rei de Nápoles foi rexeitada polo Papa Calixto III e polo duque de Lorena. Coroado en Bari (1459), derrotou o duque de Lorena na Batalla de Troia (1462). Na década de 1480 enfrontouse a varias sublevacións da nobreza napolitana que culminaron na Conxuración dos Baróns (1485-1486). Monarca renacentista, foi o fundador da primeira universidade napolitana (1465), o introdutor da imprenta (1474) e protector das artes e das letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1495-1496), fillo de Afonso II de Nápoles. Accedeu ao trono napolitano trala abdicación do seu pai e durante a conquista de Carlos VIII de Francia, polo que fuxiu a Sicilia. Unha vez que os exércitos da Liga de Venecia (1495) obrigaron o monarca francés a retirarse de Italia, retornou ao seu reino, onde casou coa súa tía Xoana de Aragón co fin de asegurarse a axuda de Fernando II de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando II de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Fernando I das Dúas Sicilias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso terapéutico do ferro e dos seus compostos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada pola asociación Fillos de Galicia de Sestao. Tírase do prelo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia, o 25 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada polo centro galego de Tarragona. Tírase do prelo con motivo da celebración do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival Iberoamericano de Publicidad organizado anualmente pola Federación Iberoamericana de Agencias de Publicidad, no que participan 21 países. Os premios e distincións divídense nas seccións: Gráfica, Cine e TV, Internet e Técnicas de Produción Audiovisual.
-
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Foi xefe do Serviço Federal de Informação (1974-1978) e presidente da República (1979-1985). Durante o seu mandato iniciouse a transición cara ao sistema democrático.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Filipe II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filipe III.