Fernández de Córdoba y de Herrera, Gonzalo o Gran Capitán
Militar. Fiel á causa isabelina, participou na Guerra de Granada, onde, ademais de destacar como soldado no sitio de Tájara e na conquista de Illora (1486), encabezou as negociacións para a rendición do monarca nazarí (1492). Como pago polos seus servicios, os Reis Católicos nomeárono encomendeiro da orde de Santiago e señor de Órgiva, e cedéronlle as rendas sobre a produción da seda granadina. En 1497 foi enviado a Italia, onde se enfrontou aos exércitos franceses que invadiran o Reino de Nápoles. En 1500 volveu a Italia para levar á práctica os acordos da repartición do Reino de Nápoles asinados no Tratado de Chambord-Granada. Tralas derrotas das tropas francesas en Cerignola (1503) e Gaeta (1504), consolidou o dominio aragonés en Nápoles e obtivo o título de vicerrei do Reino de Nápoles (1505-1507). Introduciu unha nova concepción militar baseada na reorganización da infantería en coronelías e no emprego táctico da artillería.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Montilla -
Deceso
Lugar : Granada