"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Compañía fabricante de aplicacións para ordenadores persoais fundada por Philippe Kahn e con sede en Scotts Valley, California. Os seus primeiros produtos foron Turbo Pascal, compilador moi popular lanzado en 1984 e Sidekick, conxunto de utilidades para o PC de IBM que se atopan sempre residentes e que poden ser chamadas en calquera momento, incluso en medio doutra tarefa que se está a desenvolver. Produtos posteriores inclúen compiladores para C e C++, o programa da folla de cálculo Quattro, o programa da base de datos Paradox ou a ferramenta de programación Delphi para Windows, baseada en Pascal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Especialista en ciencias agrícolas norteamericano. Estudiou na Universidade de Minnesota. Por encargo da fundación Rockefeller desenvolveu en México novos métodos de cultivo do trigo, cos que aumentou a produción mexicana nun 50% en dous anos. Posteriormente, estendeu os seus métodos por América do Sur, Paquistán e a India. Foille outorgado o Premio Nobel da Paz en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Latinista e crítico textual holandés. Foi profesor en Rotterdam, na Haia e en Leiden. A súa obra foi publicada principalmente nas revistas Mnemosyne, Museum, Philologische Wochenschrift e Vigiliae Christianae. Estudiou especialmente a Tertuliano e Paciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín, coreógrafo e animador de espectáculos de ballet sueco. Creou, con Rolf de Maré, os famosos Ballets Suédois (1921-1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Destacado colaborador de Hitler, en 1925 adheriuse ao partido nacionalsocialista. Foi xeneral das SS e xefe do gabinete de Rudolf Hess (1933), a quen sucedeu no mando da Chancelería do partido (1941). Lugartenente de Hitler, desapareceu en estrañas circunstancias trala caída de Berlín no 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade contaxiosa dos equinos (cabalos, asnos) producida pola bacteria Actinobacillus mallei e que se caracteriza principalmente pola inflamación e ulceración da mucosa nasal e dos ganglios linfáticos, o que provoca trastornos respiratorios que mesmo poden levar á morte. Pode ser transmitida a cans, cabras, ovellas e mesmo ao home.

    2. Doenza que afecta ás galiñas que presentan un tumor debaixo da lingua e que pode chegar a asfixialas.

    3. Estado da persoa que pola falta de sono experimenta unha sensación de atordamento e de cansazo mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía (6.839 h [1996]). Situado 5 km ao SO de Sevilla, a súa economía, tradicionalmente baseada na agricultura especializada nos produtos mediterráneos (oliveira, viña e cereais), experimentou unha reorientación debida á súa inclusión na área metropolitana hispalense, causada pola expansión residencial da cidade, feito que provocou a aceleración do seu crecemento demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de resolución da ecuación de onda dunha partícula que choca contra un branco, consistente en considerar a enerxía da partícula como a suma de dous termos: H=H0 +V, sendo H0 a enerxía do sistema (proxectil + branco) illado e V un termo perturbado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Foi profesor de Física Teórica nas universidades de Berlín (1916) e Frankfurt (1919), e director do Instituto de Física Teórica de Göttingen (1921). Exiliado de Alemaña (1933), ensinou nas universidades de Cambridge e de Edimburgo, ata o final do réxime nazi. Fixo contribucións básicas á teoría das calores específicas (1912) e ao estudo das forzas de cohesión nos sólidos (1919). Baseándose nas ideas de Heisenberg desenvolveu, en colaboración con Pascual Jordan, a mecánica das matrices. En 1926, pouco despois de que Schrödinger presentase a súa mecánica ondulatoria, propuxo a interpretación probabilística da Mecánica Cuántica, pola que foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1954, que compartiu con W. W. Bothe. En Mecánica Cuántica, ideou a aproximación de Born. A partir dos traballos de L. Infeld (1934), elaborou con W. Peng unha teoría cuántica do campo electromagnético en 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de resolución da ecuación de Schrödinger dunha molécula, que permite obter dunha maneira aproximada os niveis de enerxía desta. Consiste en considerar, nun primeiro paso, unicamente o movemento dos electróns ao redor dos núcleos e, nun segundo paso, o movemento dos núcleos. A enerxía da molécula é daquela a suma da enerxía electrónica e da enerxía de vibración-rotación dos núcleos. Denomínase tamén aproximación ou separación adiabática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha das teorías da calor específica dun sólido cristalino, baseada na aplicación dun espectro acústico ás vibracións da rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Vigo, no litoral meridional da península do Morrazo, situada ao O da punta da Moa, na parroquia de Meira (concello de Moaña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre localizado na parroquia de Meira (Moaña). Ten dúas áreas diferenciadas: a inferior, un conxunto de trece embarcacións; a O, un conxunto de figuras humanas esquemáticas, en grupo ou illadas, que miran cara ao conxunto das embarcacións. O perfil de oito das embarcacións está trazado cun arco cóncavo cos extremos estilizados en forma de ‘pescozo de cisne’. Semella que todo o conxunto xira ao redor dunha embarcación central que remata a proa e popa con zoomorfos. Segundo Alonso Romero, que o descubriu en 1973, son unha representación das embarcacións de coiro que se empregaron nas costas galegas durante a Idade do Bronce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un certo tipo de pedra branda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao borne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da beira setentrional da ría de Muros e Noia, situada no litoral da parroquia de Abelleira (concello de Muros), entre as puntas de Abelleira, ao O e a Romeira, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza condutora dun dispositivo eléctrico, que serve para efectuar as conexións dos fíos condutores, que son suxeitados xeralmente por un parafuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, un borne. Relaciónanse tamén con esta caste o apelido Borda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor adscrito ao movemento da Nova Alemaña. Fixo crítica literaria politizada con linguaxe periodística.

    VER O DETALLE DO TERMO