"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción de descolonizar.

    2. Proceso de independencia dos pobos e territorios sometidos á dominación política, social e económica das potencias estranxeiras. Pódese falar de diversos procesos descolonizadores: o primeiro deuse en América entre 1783 e 1900, e, como consecuencia, xurdiron os EE UU e as diferentes repúblicas hispanoamericanas. Entre 1920 e 1945 orixinouse unha nova fase do proceso nos territorios de Oriente Medio e do Sur do Mediterráneo dependentes do Imperio Otomano, feito que deu lugar á aparición dalgúns dos estados independentes de Oriente Medio e do Magreb (Exipto en 1922, o Reino de Hedjaz e de Nejd en 1932, Iemen en 1937). Malia a oposición á presenza europea nos países musulmáns, a desunión entre eles permitiu a creación de novas formas de dominación na zona, como os protectorados; incluso algúns países xa independentes como Irán, Afganistán ou Turquía sufriron a intromisión francesa ou británica. Por último, entre 1945 e 1970 deuse un novo proceso polo que o conxunto do continente africano e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de descompensar ou descompensarse.

    2. Estado de incapacidade ou esgotamento dun órgano para cumprir as súas funcións que determina un estado de insuficiencia. As máis frecuentes son a renal e a miocardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de descompoñer(se) ou descompor(se).

    2. Evacuación frecuente de feces en estado líquido ou semilíquido.

      1. descomposición dun polinomio

        Expresión dun polinomio como produto dos polinomios de grao menor. Se esta descomposición é posible nun corpo K, o polinomio é redutible; no caso contrario é irredutible, ou primo sobre o corpo K. No caso de L[x], todo polinomio de grao n admite unha descomposición en produto de n monomios, propiedade que demostra que L é un corpo alxebricamente pechado, de xeito que os polinomios irredutibles de L[x] son os de grao 1.

      2. descomposición en factores irreductibles

        Descomposición característica dos elementos dun tipo de anel denominado anel factorial.

      3. descomposición en factores primos en

        M Propiedade do conxunto dos números enteiros M segundo a que todo número enteiro non nulo pode expresarse dunha maneira única na forma b=s(p 1 ) a1 ... (p n ) an , onde s=1 ou -1, os p i son números diferentes e os a i son números naturais non nulos.

    3. Proceso polo que unha molécula dunha substancia composta se rompe noutras máis simples e, ás veces, chega a acadar os átomos compoñentes.

    4. Degradación metabólica da materia orgánica en compostos simples, orgánicos e inorgánicos, que produce liberación de enerxía.

    5. segmentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desconcentrar ou desconcentrarse.

    2. Cesión da titularidade e do exercicio da competencia de determinadas funcións ou asuntos que se efectúa en favor de persoas ou órganos diferentes daquel que ten a responsabilidade, pero do que forman parte ou son xerarquicamente dependentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de consideración.

    2. Acción que é desconsiderada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de descontaminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de descontextualizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de descontinuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de descontraer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desconxelar ou desconxelarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de describir.

    2. Figura retórica consistente na presentación das características físicas e/ou psicolóxicas de persoas, obxectos, animais, lugares, etc, que poden ser de natureza real ou fiticia. Pódense distinguir varios tipos: prosopografía ou descrición do aspecto externo dun personaxe; etopeia ou plasmación dos seus trazos morais; retrato ou combinación dos dous anteriores; pragmatografía ou descrición dun obxecto inanimado; topografía ou descrición dun lugar; e cronografía ou conformación dun período histórico. Aínda que é propia das obras literarias, úsase tamén en textos científicos, divulgativos e, en xeral, en calquera escrito de índole pragmática.

    3. Enumeración ordenada e xeralmente codificada dos elementos ou aspectos que identifican externamente un documento. Constitúen o núcleo do rexistro bibliográfico.

      1. descrición funcional

        Descrición lingüística que se basea no uso ou nos fins da linguaxe ou de calquera elemento ou unidade da linguaxe (funcionalismo). Cando a descrición considera que a linguaxe se organiza en estruturas, estase ante unha descrición formal (formalismo). Nunha descrición funcional interesa saber qué se pode facer coa linguaxe. Os dous tipos de descrición compleméntanse de acordo cos que postulan descricións sincréticas da linguaxe.

      2. descrición lingüística/da linguaxe

        Análise lingüística que ten como finalidade describir a linguaxe, especialmente se se fala de lingüística descritiva. Todas as descricións fanse de acordo cunha teoría e os enunciados das descricións deben ser adecuados (consoante coa finalidade, propósito ou fin da teoría), coherentes (ausencia de contradición) e tan sinxelos como sexa posible (claridade e economía).

      3. descrición metafuncional

        Descrición funcional que ten en conta as funcións de cada un dos elementos da linguaxe. Por exemplo, a definición dunha oración como unha estrutura sintáctica constituída por un suxeito e un predicado é funcional, xa que se fala da función de dous elementos.

      4. descrición semántica

        Exposición dos elementos semánticos que documentan a relación entre o definiendum e o definiens.

    4. Teoría elaborada por Bertrand Russell, que pretendeu resolver os problemas derivados das descricións non denotativas definidas por Ferge e Meinong. Ferge indicou que expresións como “o sol polas mañás sae polo leste” e “o sol polas tardes cae polo oeste”, malia que se refiren á mesma estrela (significado), din cousas diferentes (sentido). Alexius Meinong analizou frases como “os nenos voadores non existen” ou “as aparicións non suceden”, que son proposicións verdadeiras pero que non o poden ser se non se refiren a unha realidade. B. Russell atacou o punto de vista de Meinong e para evitar enganos enunciou solucións a estas proposicións do tipo “non existe ningunha entidade que, ao mesmo tempo, sexa neno e voe”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso lento de abandono dun crioulo e achegamento progresivo dos falantes á lingua base dese crioulo (pidgin). Deste proceso xorde un continuo poscrioulo.

  • Obra impresa cara ao 1535 (ou cara ao 1550, segundo outras fontes) en Mondoñedo, da autoría do licenciado Molina. Editada na imprenta de Agustín de Paz, está considerada como unha das primeiras publicacións que viron a luz neste obradoiro tipográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa do Reino de Galicia elaborado polo frade dominicano Fernando de Ojea e publicado en Anveres en 1603, no interior do Theatrum Orbis Terrarum de Ortelius. A carta, que se acompaña dunha escala gráfica en leguas españolas e leva nas marxes as marcas da retícula latitudinal e lonxitudinal, inclúe dous cadros de texto redactados en castelán que describen o Reino de Galicia política, histórica, xeográfica, climática e economicamente. No primeiro cadro, no que respecta á descrición política, indícase queGalizia es uno de los muchos Reynos de España que posee nuestro Rey Filipo”. A continuación dá unha breve nota histórica (“Era antiguamente mucho mayor que ahora, comprendía todas las tierras y provincias que ay dentro de los límites siguientes: de la Mar del Norte y montaña de junto a Vizcaya hasta las fuentes del gran Río Duero y de aí todo lo que el corre hasta dar consigo en la Mar, y corriendo por las orillas della hasta volver al mismo punto de donde salimos”). O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra realizada, por encargo do Real Consulado da Coruña, polo ilustrado ferrolán Lucas Xosé Labrada Romero (1762-1842), secretario do Consulado, e publicada en 1804. Reflite o seu pensamento económico e a súa preocupación polos principais problemas do país no s XVIII. Inspirábase nas ideas fisiocráticas francesas e defendía o sector agrario, convencido da primacía da agricultura como actividade xeradora de riqueza, ao tempo que criticaba a estrutura social do Antigo Réxime por considerala incompatible co desenvolvemento económico do Estado moderno. Denunciou o atraso económico, a inxustiza social e o parasitismo administrativo reinantes en Galicia, ao tempo que propuña reformas concretas, das que cómpre salientar as relacionadas co sector agrícola: converter en propietario o campesiñado arrendatario, enaxenar os terreos baldíos respectando as peculiaridades comarcais, suprimir as vinculacións, incrementar a plantación de árbores e substituír os dereitos de alcabala e millóns por outros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de descristianizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de descualificar.

    2. Sanción disciplinaria que se aplica contra un participante nunha competición (deportista ou equipo) e que implica a súa retirada da mesma, decretada polos árbitros ou xuíces como castigo pola comisión dunha falta grave contra a regulamentación ou pola acumulación de amoestacións por infraccións reiteradas. Nos deportes individuais, unha descualificación implica, na maior parte dos casos, a eliminación da clasificación final dos rexistros obtidos ata ese momento polo descualificado. Nos deportes colectivos pódese descualificar un membro dun equipo e impedir que continúe participando no xogo, aínda que iso non sempre implica que os rexistros acadados ata aquel momento polo descualificado a prol do seu equipo se desboten. Nalgúns deportes colectivos, a descualificación dun xogador obriga o seu equipo a participar a partir de entón cun membro menos ata o remate da proba (por exemplo no fútbol); noutros existe a posibilidade de recuperar o número inicial de xogadores, pero nunca o xogador descualificado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso regresivo no que as células de diferentes tecidos adquiren unhas características moi semellantes ás das células indiferenciadas.

    VER O DETALLE DO TERMO