"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio que hai entre dúas columnas. Está suxeito a un módulo de xeito que conforma un edifico ou templo areóstilo, dístilo, picnóstilo ou sístilo.
-
-
Comunicación recíproca.
-
Comunicación telefónica entre os distintos lugares dun mesmo edificio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que permite a comunicación en forma de conversa en voz alta entre dous ou máis lugares dun mesmo edificio, mediante un ou máis aparatos análogos, conectados con cables. A instalación adoita constar dun aparato central e un conxunto de aparatos secundarios ou terminais. OBS: Tamén se denomina interfono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conexión entre dous ou máis circuítos ou dispositivos eléctricos, especialmente en redes de condución e distribución de enerxía eléctrica, para compensar faltas ou excesos de enerxía a horas ou épocas determinadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado entre consoantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está establecido entre dous ou máis continentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á enfermidade que se desenvolve no curso doutra e que a modifica nun grao máis ou menos elevado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado entre as costelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
intermareal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado entre pel e pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de traballadores, tamén coñecida como Komintern, fundada en Moscova en 1919 coa intención de construír unha unión de partidos comunistas. No Congreso de Moscova (1920), Lenin acolleu a delegacións de 37 países e trazou os 21 puntos que constituían as bases ideais para a adhesión á Internacional, que pasaban pola creación dunha estrutura análoga á do Partido Comunista da Unión Soviética e a loita contra a socialdemocracia. Trala morte de Lenin, o Komintern sufriu as consecuencias dos conflitos internos do grupo dirixente na URSS e, especialmente nos anos de stalinismo coa súa política de socialismo nun único país, o que subordinou os intereses nacionais soviéticos ás demandas do resto dos partidos comunistas. A chegada de Hitler ao poder (1933), xunto coa expansión dos movementos fascistas en toda Europa, levou á Internacional a promover as frontes populares en todos os sectores sociais antifascistas. No transcurso da guerra, Stalin disolveuna (1943).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos catro ósos do opérculo de certos peixes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Funcionario que na Roma imperial se encargaba de velar pola paz e a tranquilidade públicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito que en 1911-1912 enfrontou a Italia e Turquía, e rematou coa anexión de Tripolitania e a Cirenaica a Italia.
-
PERSOEIRO
Médico. Traballou no Instituto de Xordomudos de París e escribiu o primeiro tratado importante de otoloxía Traité des maladies de l’oreille et de l’audition (1821). As súas investigacións no campo da educación constituíron o punto de partida da pedagoxía científica de M. Montessori. Está considerado un dos fundadores da endocrinoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrofa breve, escrita en lingua vulgar (románica ou árabe), que figura ao final dunha composición en verso en hebreo ou árabe coñecida como moaxakha, cantiga amorosa composta por poetas cultos arábigo-españois ou hispano-xudeus dos ss XI, XII e XIIII. Anteriores aos vilancicos casteláns e ás cantigas de amigo galego-portuguesas, constitúen a primeira manifestación poética románica da Península Ibérica. Segundo algunhas hipóteses comparte, coas cantigas trobadorescas de amigo, unha tradición folclórica que se reflicte na mesma temática; ambas as dúas están postas na boca dunha moza que se lamenta pola partida, ausencia ou desdén do namorado (amigo nas cantigas galego-portuguesas e habib nas kharxas). M. Stern descubriu e publicou as primeiras vinte kharxas mozárabes en 1948.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, foi autor, entre outras obras, da Biblioteca Nacional (1865-1892), realizada en estilo neogrego, e o Tribunal de Cuentas (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina, cantante e actriz. Coñecida como Zizi Jeanmaire, en 1939 debutou no ballet da Ópera de París. Actuou nunha ducia de filmes e gravou discos con outros cantantes franceses. Co seu marido, Roland Petit, dirixiu o Casino de París (1969-1972), e posteriormente colaborou no ballet de Marsella, que dirixiu ela mesma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro. Activo no segundo e terceiro cuarto do s XIII, estivo ao servizo da liñaxe dos Sousa. Participou no “ciclo das Amas” (1240-1247), na corte castelá de Fernando III, onde coñeceu a trobadores como Johan Soarez Coelho e Lourenço. Logo estivo na corte de Afonso X, onde se relacionou con Pedr’ Amigo de Sevilha, Roi Queimado e Pero Mafaldo, e, finalmente, na de Afonso III. Despois da súa estancia en Castela volveu a Portugal e asentouse no partido xudicial de Faria. Consérvanse 54 composicións da súa autoría pertencentes aos tres xéneros maiores, que están recollidas no Cancioneiro da Ajuda e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 17 cantigas de amigo (1 dialogada), 14 cantigas de amor (1 dialogada), 23 escarnios (5 de amor, 4 de amigo, 5 persoais, 5 literarios, dous deles tenzóns, e 4 sociais). Tanto nas cantigas de amor como nas de amigo, introduciu innovacións que practicarían autores máis tardíos como Johan...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. Pertenceu probablemente á pequena nobreza galega. Estivo activo no terceiro cuarto do s XIII e inicios do XIV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amigo, que van precedidas por unha rúbrica atributiva que o define como “sobriño de Nun’Eanes”. Ambas as dúas composicións, estruturadas segundo o esquema da rima tradicional abbaCC en octosílabos e decasílabos masculinos, están presididas polo motivo da ausencia do amado, matizado cunha sutil ironía que as afasta dos moldes convencionais propios das cantigas tradicionais de amigo.
VER O DETALLE DO TERMO