Johan Garcia de Guilhade

Johan Garcia de Guilhade

Cabaleiro. Activo no segundo e terceiro cuarto do s XIII, estivo ao servizo da liñaxe dos Sousa. Participou no “ciclo das Amas” (1240-1247), na corte castelá de Fernando III, onde coñeceu a trobadores como Johan Soarez Coelho e Lourenço. Logo estivo na corte de Afonso X, onde se relacionou con Pedr’ Amigo de Sevilha, Roi Queimado e Pero Mafaldo, e, finalmente, na de Afonso III. Despois da súa estancia en Castela volveu a Portugal e   asentouse no partido xudicial de Faria. Consérvanse 54 composicións da súa autoría pertencentes aos tres xéneros maiores, que están recollidas no Cancioneiro da Ajuda e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 17 cantigas de amigo (1 dialogada), 14 cantigas de amor (1 dialogada), 23 escarnios (5 de amor, 4 de amigo, 5 persoais, 5 literarios, dous deles tenzóns, e 4 sociais). Tanto nas cantigas de amor como nas de amigo, introduciu innovacións que practicarían autores máis tardíos como Johan Airas de Santiago; no núcleo satírico destacan as composicións dedicadas ao xograr Lourenço, que estivera algún tempo ao seu servicio.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : XIV

  • Nacemento

    Lugar : Guilhade, Milhazes, actual Barcelos