"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

    1. organoxénese.

    2. Proceso de formación e desenvolvemento dos órganos das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á rocha que ten unha orixe orgánica, e máis propiamente á formada polo crecemento dos propios organismos, como é o caso da calcaria coralina, que está composta por cunchas e outros restos de organismos mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada una das inclusións citoplasmáticas ben diferenciadas, que son os constituíntes elementais de toda célula, dotadas de máis ou menos autonomía no que se refire á súa reprodución, como as mitocondrias, o aparato de Golgi, o ergastoplasma e os lisosomas, e os cloroplastos nas células fotosintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma vogal polifónica cultivada desde a segunda metade do s IX ata arredor de 1250. Inicialmente consistía no axuste dunha ou máis voces a unha melodía litúrxica. No s XI apareceu o organum libre, no que as voces evolucionaban por movemento contrario. Os principais compositores foron Leoninus e Perotinus, que pertencían á escola de Notre-Dame de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Culminación ou clímax da excitación sexual nas zonas eróxenas e xenitais. A estimulación erótica engloba desde a manipulación dos órganos sexuais á recreación do pracer emocional do acto do coito. Caracterízase polas contraccións da plataforma orgástica na muller e a exaculación no home.

    2. Exaltación das propiedades vitais dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao orgasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, que está situado ao N dos Montes de Toledo e bañado polo regato de Valdecabras, afluente do Tajo (2.669 h [2001]). As actividades económicas predominantes son as derivadas da agricultura e da gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Implicado na rebelión de Sanjurjo (1932), en 1936 foi destinado a Canarias. Tras o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 foi alto comisario de Marrocos e asegurou o paso das tropas á Península Ibérica. Dirixiu os exércitos de Levante (1938-1939), foi capitán xeneral de Catalunya (1939-1941) e xefe do Estado Maior (1945-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado en Las Alpujarras, entre os ríos Guadalfeo e Chico (4.873 h [2001]). É un centro administrativo e comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza cilíndrica do tear en que se envolve a tea ao tecer. Diferénciase entre orgo do pano, eixe trasversal en que se amarra o comezo do lenzo, e orgo do liño, semellante ao do pano e que se atopa no outro extremo.

    2. Bisagra dunha porta ou gonzo dunha cancela.

    3. ulto que sae na cabeza despois de levar un golpe.

    4. Ganglios do pescozo inflamados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Cumbraos, Pedraza e Vilanova (Monterroso). O seu cumio acada os 656 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exceso de estima dun mesmo ou dos méritos propios, que fai que alguén se crea superior aos outros.

    2. Sentimento lexítimo da propia dignidade ou das propias obras.

    3. Persoa ou cousa que é motivo de orgullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten ou mostra orgullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego. Pertenceu á escola de Alexandría e recibiu o cargo de cuestor do Emperador Flavio Claudio Xulio. Foi autor dunha monumental Colección médica, abreviada nunha Sinopse posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De nome Eric Arthur Blair, estivo en desacordo coa política colonial británica, polo que dimitiu do seu cargo de funcionario policial en Burma (1922-1927) e dedicouse á literatura e ao xornalismo. Nas obras autobiográficas Down and Out in Paris and London (1933) e Burmese Days (1934) xa mostraba unha actitude de esquerdas e reaccionaria. En 1936 participou na Guerra Civil Española no lado do POUM, experiencia que recolleu no libro Homage to Catolonia (1938). A súa obra máis destacada é a alegoría política Animal Farm (1945), e do resto da súa produción cómpre salientar The Road to Wigan Pier (1937), Inside the Whale (1940), The Lion and the Unicorn (1941) e Nineteen Eighty-four (1949), unha visión futurista do totalitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (10.562 km2; 411.345 h [estim 2000]). A súa capital é Linköping.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bizantinista. En 1918 emigrou a Alemaña, foi profesor na Universidade de Breslau (1928-1933) e despois estableceuse en Belgrado. Destacan as súas obras Geschichte des byzantinischen Staates (Historia do estado bizantino, 1940) e Byzantine Cities in the Early Middle Ages (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor vasco. Preocupouse pola integración da escultura nos espazos arquitectónicos mediante unha gran simplicidade formal e unha rigorosa construción. Entre 1935 e 1948 residiu en Hispanoamérica. Das súas obras destacan as esculturas da nova basílica de Aránzazu. Abandonou a escultura para dedicarse á poesía en éuscaro e a realizar estudos antropolóxicos, lingüísticos e estéticos. Escribiu, entre outras obras, Interpretación estética de la estatuaria megalítica americana (1962), Quousque tandem (1963) e Existe Dios al Noroeste (1990). Recibiu, entre outros, o Gran Premio Internacional de Escultura da IV Bienal de São Paulo (1957) e o Premio Príncipe de Asturias de las Artes (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Formado nas categorías inferiores do R. C. Celta de Vigo, debutou en primeira división co equipo vigués na tempada 1992-1993. Xogou na máxima categoría no Real Betis, no Valencia C. F. e no C. Atlético de Madrid. Foi internacional absoluto en nove ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Carlos Estrada, comezou interpretando teatro en Arxentina, con obras como Cita en Seulis, Viaje de un largo día hacia la noche e La luna es azul, ademais de participar en radioteatros e fotonovelas. En España realizou a súa interpretación máis importante en La tía Tula (1964). Participou nos filmes Su seguro servidor (1954), El rufián (1961, premio ao mellor actor do ano do Instituto de Cinematografía), Humo de marihuana (1968), Los muchachos de antes no usaban gomina (1969), Paño verde (1973), Los drogaditos (1979), Sin querer, queriendo (1985), El cóndor de oro (1995) e Comisario Ferro (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO