orgasmo

orgasmo

(

  1. s m [FISIOL/PSIC]

    Culminación ou clímax da excitación sexual nas zonas eróxenas e xenitais. A estimulación erótica engloba desde a manipulación dos órganos sexuais á recreación do pracer emocional do acto do coito. Caracterízase polas contraccións da plataforma orgástica na muller e a exaculación no home.

  2. s m [PAT]

    Exaltación das propiedades vitais dun órgano.