organum*
organum*
s
m
[MÚS]
Forma vogal polifónica cultivada desde a segunda metade do s IX ata arredor de 1250. Inicialmente consistía no axuste dunha ou máis voces a unha melodía litúrxica. No s XI apareceu o organum libre, no que as voces evolucionaban por movemento contrario. Os principais compositores foron Leoninus e Perotinus, que pertencían á escola de Notre-Dame de París.