"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
Tipo de pedra dura e de cor negra empregada na construción da moa do muíño fariñeiro.
-
Moa do muíño fariñeiro construída cun tipo de pedra que recibe o mesmo nome.
-
-
PUNTA
Punta da beira setentrional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Esteiro (concello de Muros), situada ao O da praia de Fontenla
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Negreira. As súas armas levan, en campo de azul, unha borneira. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Borneiro e Bornaz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fariña moída cun tipo de pedra dura e negra chamada borneira.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Borneiro (Cabana), aséntase no cumio dun montículo. A actividade neste castro remóntase ao s VI a C e dáse por finalizada no s I d C. As escavacións aquí realizadas puxeron de manifesto que o poboado estaba defendido por varias liñas de murallas tendo como único acceso coñecido unha pequena porta exterior situada, así mesmo, entre dúas murallas. As vivendas atopadas dentro do recinto amurallado son todas moi similares, con planta circular irregular ou do tipo de planta alongada, arredondada nos extremos. Atopáronse tamén pequenos muros de unión ou limitadores de vivendas, con escasa separación de paredes exteriores. Ten tamén un barrio exterior, entre ambos os dous recintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que estivo situado no lugar de Vilanova, na parroquia de San Xoán de Borneiro (Cabana). Foi un mosteiro familiar fundado por Arxilo Peláez. No ano 1095, foi doado ao mosteiro de San Xián de Moraime (Muxía).
-
ILLAS
Illa do arquipélago malaio (entre os océanos Índico e Pacifíco), a terceira do mundo pola súa superficie, despois das de Grenlandia e Nova Guinea (743.385 km2; 15.316.000 h [estim 1995]). Esténdese en latitude entre os 6° 58’ N e os 4° 9’ S, e en lonxitude dende os 108° 48’ L ata os 119° 14’ L. O seu territorio repártese entre tres estados: Indonesia (provincias de Borneo Central ou Kalimantan Tengah, Borneo Meridional ou Kalimantan Selatan, Borneo Occidental ou Kalimantan Barat, e Borneo Oriental ou Kalimantan Timur), Malaisia (estados de Sabah e Sarawak) e Brunei. Distínguense dous sectores: a parte central e setentrional, accidentada por montañas de altura media, que no cume Gunong Kinabalu chega a 4.101 m, e a franxa litoral, na que abundan os terreos pantanosos. O clima é ecuatorial, mantendo unha temperatura elevada de xeito uniforme ao longo do ano (a media anual é de 27,3°C, sendo a temperatura de xaneiro de 26,7°C e a de xullo 27,8°C) e un réxime de precipitacións tamén...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome colonial (obsoleto) de Sabah , estado de Malaisia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia terpénica, que na súa forma levoxira é o constituínte principal do alcanfor de ngai, empregado en medicina e perfumería.
-
PERSOEIRO
Ficólogo. Foi un dos primeiros, xunto con Schwendener, en soster que os liques constitúen unha simbiose entre unha alga e un fungo. É autor de Études phycologiques (Estudios ficolóxicos, 1878) e de Révision de Nostocacées hétérocystées (Revisión de Nostosáceos heterocistas, 1886-1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do mar Báltico que constitúe administrativamente un amt (condado) de Dinamarca (588 km2; 44.786 h [estim 1998]). A capital é Rønne (15.146 h [1990]). Está separada de Suecia polo Estreito de Bornholm. Os principais recursos económicos son a pesca e as canteiras de caolín. Preto da capital hai unha base militar aeronaval. Son significativas as igrexas-fortaleza dos ss XII e XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘augardente’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical de fórmula C10H17, que deriva do borneol por perda dun hidroxilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de cobre e ferro, de fórmula Cu5FeS4. Cristaliza no sistema cúbico, en agregados de cor vermella intensa. É unha fonte importante para a extracción do cobre. Ten dureza 3 e peso específico 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Nixeria (70.898 km2; 2.903.238 h [estim 1995]). A capital é Maiduguri.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, na comarca da Sierra de Cádiz (8.054 h [1996]). Está drenado polo Guadalete, que forma dentro do termo o encoro de Bornos, cunha superficie de 20 km2. A maior parte da poboación ocupada emprégase no sector primario, destacando a gandería, fundamentalmente bovina, e a agricultura cerealística. Así mesmo, teñen certa importancia as actividades relacionadas coa explotación turística dos recursos paisaxísticos serranos. No concello atópase a cidade iberorromana de Carissa Aurelia, que ostentou a categoría de municipium e posteriormente cives romani, abandonada tralas invasións bárbaras. Durante a ocupación islámica revitalizouse a actividade agrícola. En 1248 foi conquistada polos casteláns durante a toma de Sevilla. En 1398 asentáronse alí os adiantados maiores de Andalucía, o que repercutiu no grande esplendor da vila, que comezou a súa decadencia nos ss XVII e XVIII. Entre o seu patrimonio arquitectónico sobresaen...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da conca do lago Chad, ao NL de Nixeria, que abrangue unha superficie duns 250.000 km2). O territorio, de area e arxila, está atravesado polos ríos Komadugu Yobe, Komadugu Gana e Ngadda, que verten ao lago Chad. Posúe unha vexetación de estepa ao N e de sabana e bosque claro ao S. Os principais recursos económicos son a agricultura (cultivo de cacahuetes e algodón) e a gandería bovina e equina. Está poboada por kanuris, tuaregs e árabes. O Islam é a relixión maioritaria. As principais localidades son Maiduguri e Nguru (terminais de ferrocarril), Potiskum, Damaturu e Dikwa. As primeiras noticias do antigo imperio de Bornu datan do s IX, cando foi invadido polos sewafos, e o primeiro Rei (mai) foi Dugu, da dinastía Sayfiyya (cara ao 800). Un dos reis desta dinastía, Houmé (1085-1097), converteuse ao Islamismo. Os seus sucesores estableceron relacións comerciais con Tunisia, Exipto e outros pobos do Mediterráneo, o que explica o desenvolvemento económico e político...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Elemento non metálico pertencente ao grupo III A da táboa periódica, de número de oxidación 3 e que só se enlaza por covalencia do que se coñecen dous isótopos naturais estables de masa 10 e 11. Atópase en forma cristalina e amorfa. Foi descuberto por Gay-Lussac, Thénard e Davy en 1808, pero ata 1909 E. Weintraub non o obtivo en estado puro. Contribúe nun 0,001% na composición da codia terrestre, onde normalmente se atopa en forma de boratos. Os minerais máis importantes son tetraboratos de sodio hidratados: o decahidrato (bórax), o pentahidrato (tincalconita) e o tetrahidrato (rasorita ou kernita). A gran reactividade do boro a alta temperatura, xunto co seu alto punto de fusión, dificultan a súa obtención en estado puro. A pesar desta dificultade, o boro pode ser atopado no mercado cunha proporción dunha parte de impurezas por millón. Outra forma comercial do boro é o ferroboro, aliaxe con ferro que contén ata un 20% de boro que, ao ser engadido en cantidades inferiores ao 0,003% ao ferro...
-
Calquera composto formado por boro e hidróxeno. Corresponde á fórmula B n H n+4 (borano) ou B n H n+6 (dihidroborano).
-
Cada unha das dúas formas sólidas de fórmula empírica BN que forma o boro co nitróxeno. Unha delas ten estrutura cristalina cúbica, comparable en todo á do diamante (borazón). A outra, moi semellante ao grafito, chámase simplemente nitruro de boro, aínda que tamén se lle dá o nome de grafito inorgánico e ten como célula elemental unha unidade hexagonal e unha estrutura macromolecular en capas.
-
Sólido semitransparente, de aspecto vítreo, higroscópico, preparado pola ignición do ácido bórico. Emprégase en metalurxia, en análise química, na fabricación de vidros resistentes ao lume, etc.
-
Líquido incoloro, obtido pola reacción do óxido bórico con pentacloruro de fósforo. Emprégase como catalizador en síntese orgánica e como materia prima para a obtención de moitos compostos de boro.
-
Gas incoloro, soluble en solventes orgánicos. É o ácido de Lewis máis forte que se coñece, polo que ten un alto valor como catalizador en química orgánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega na composición de palabras co significado de ‘boro’.